|
Chegamos ao Caracol que Fala para Todos despois
de 42 horas de viaxe: avión, autobús
e redila. Neste México preelectoral todo
é posible, ata que un bus sexa un avión
terrestre ou que os dirixentes do P.R.I monten
unha plataforma para democratizar o país.
Marcos segue de ruta pedagóxica desa revolución
que nace de abaixo e nós chegamos en día
santo ao Caracol máis machado polos paramilitares.
Tres horas esperando á beira do camiño
a que alguén nos dera permiso para entrar
en zona de resistencia, pagan a pena se despois
es recibido pola Xunta de Bon Goberno que se reune
ese día en exclusiva para darnos a benvida
e aprobar todas as nosas propostas.
Tres compas, un cartel do Che, a mítica
Casa da Xunta cun caracol de río do que
nace un inmenso ceo de esperanza rebelde e o noso
"abuelo" que é como lle chaman
os indios ao noso baúl de teatro, fan de
escenografía deste encontro onde chegan
as nosas rias ata ao campamento cilvil pola paz.
Os compas pasamontañas, incluído,
están contentos, dannos a benvida con chistes
e nós mantemos unha conversa de amigos
nese lugar sin tempo é a utopía
que camiña.
Despois bicos e abrazos cos amigos promotores
de educación, plans de traballo, partido
de basket, o inseparable diablo... parece como
se nunca marcharamos desta terra.
Imos marchar a Jolja, o centro de formación
da zona sur do caracol, para dar talleres a 80
promotores de educación choles: clown,
malabares e xogos cooperativos. Parece por fin
que a escola de novo circo xa empeza a tomar corpo
sobre todo desde que os compas decidiron adoptar
a estos Pallasos en Rebeldía de Galicia,
os soyapos como eles nos chaman, pero bueno se
a Paulo Freire lle chaman Paulo Fritas ben podemos
acertar que a nos tamén nos muden o nome.
Iván Prado, 15 de
abril de 2006. |