| DE
PARADAS NO CAMIÑO
Imos dar a última función da xira,
no municipio autónomo de Akabanal. A comunidade
está bastante lonxe de onde durmimos e
pasamos unha viaxe sofocante que absolutamente
accidentada por carreiros de monte, mal asnetados
en bancos de madeira que con cada bache chimpa
con nos e as mohilas, E preto de tres horas despois
xa cerca de Chulun, a comundiade á que
íamos outra comunidade compa nos para no
camiño.
Baixamos da redila, extrañados ante a
comitiva de recepción, que capitaneada
por un promotor de educación cóntanos
que as autoridades autónomas decidiron
que os Pallasos en Rebeldía tiña
que facer o programa na comunidade e ver as tres
horas de actividades que os chamacos levaban preparando
dous días para nós.
Nese momento non sabíamos como actur,
por unha banda había unha comunidade que
figuraba no plan de visitas que estaba esperando
por nós e por outra banda esta xente nos
estaba contando os esforzos e as ilusións
implicadas no pasa da caravana pola súa
comunidade.
Así que despois de actuar na comundiade
de orixe, e máis esperar horas para ter
o permiso da Xunta de Bon Goberno, chegamos ás
9 da noite (noite pecha nesta terras) a comundiade
sorpresa, pero a verdadeira sorpresa foi que a
luz marchara e tiñamos que buscarnos a
vida para conseguir a luz.
Puxémons mans a obra todavía coa
roupa de pallaos sudada, sen quitar a maquillaxe
corrida polas nosas meixelas da actuación
anterior.
Colocamos focos de carro que levamos para este
tipo de ocasións, e os compas aportaron
uns mástiles inmensos que serviron de trust,
unha bateria multitoma foinos dando luz ata que
na metade do espectáculo foise apagando.
A función foi marabillosa, improvisación
total, nós buscando a pouca luz, fran que
fai de presentador ausentouse na metade para ir
á letrina, os números de maixa fixémolos
co linternas e bombillas improvisadas.
Acabamos a función absolutamente agotados,
pero coa satisfacción de apoiar esta xente
incluso nas condicións máis adversas.
Camiñar horas por veredas, viaxar por
carreiros de cabras, actuando varias veces no
día, baixo a chuvia ou sen luz. Todo serve,
todo suma, todo é un anaco de solidariedade
para estos pobos que manteñen unha loita
de resistencia dende hai máis de vinte
anos.
Ao lado dos seus esforzos, as nosas pequenas
penurias parecen insignificantes. Sobre todo porque
a recompensa que recibimos en forma de risas,
aplausos e palabras de agradecemento é
inmesa, é unha recompensa que nos acompañará
toda a vida.
Iván Prado.
|