| 11 comunidades
e 11 actuacións en 15 días
Percorrimos, máis de 50 horas en camionetas,
casi 20 horas de formación, ao redor de
15 de actuacións, máis de 10 de
xogos, 8 de baile e un total de 5 horas a pé
por cerros e montañas.
Mais de 30 horas para chegar desde Santiago ao
V Caracol, e outras 30 para facelo camiño
de volta. Comemos máis de 15 caldos de
polo, tres kilos de frijoles por cabeza, e ao
redor de 278 tortillas de millo, dous litros de
Pozol e centos de auga. Bañámonos
en 8 ríos distintos, fervenzas incluidas,
e pasamos por 5 municipios autónomos.
Coñecemos a 10 membros da Xunta de Bon
Goberno, a 15 autoridades comunitarias, a 65 promotores
de educación, 7 comités ,a dous
consellos auntónomos e a un chingo de chamacos
e chamacas, durmimos nunha igrexa, en tres escolas
autónomas, no Caracol no centro de formación
de Jolja e en 4 casas de compas
Parounos unha vez a policía federal, e
déronnos palabras de benvida en 9 ocasións,
catro veces nos recibiu a Xunta de Bon Goberno
e 8 foron os partidos de basket que botamos, xogamos
cos adultos dúas veces ao dragón
e cantamos o himno zapatista o suficiente como
para encher un LP dobre polas dúas caras.
Dous documentos rebeldes nos entregaron e coñecemos
a 18 internacionais. 22 veces cargamos nas camionetas
os 160 kilos de material e mochilas que levabamos
enriba, 4 os días que actuei con afonía
e 6 os que estiven “delicado do estómago”.
476 as fotos que tiramos e 8 as horas de gravación
que nos levamos para casa.
Números que fan de mapa de puntos dunha
viaxe por esta pel de sangre e lume que chaman
Chiapas, e que nos xa consideramos a nosa outra
casa.
11 anos vindo, 9 viaxes ás costas, máis
de 12 meses de estancias. 7 os nomes que aquí
me puxeron e mais de 40 as comunidades que visitei.
Pero só unha vida para compartir e un
soño para por en pé. 6 os idiomas
que aquí escoitei, 4 os comandates cos
que falei, un sup e un mayor foron cos que estiven.
Miles de rostros con voz e paliacates os que me
quedaron gravados na miña pel.
Números que non se contablizan no plan
económico de ningunha transnacional, números
que non cotizan en ningun sitema tributario estatal,
números que non din nada e o son todo.
Detrás destes numeros hai noites desperto
á luz da palabra escoitando o latir desta
revolución, debaixo destas enumeracións
agóchase a sensación de vivir a
historia e de camiñar a rebeldía.
Non somos unha relacóon de números
pero si podemos ser o conxunto de veces que nos
emociona a vida.
Iván Prado
|