7 maginificos + 1
pallasos en rebeldia
formaclown
enlaces contacto inicio
galego
 



Volve a Ibiza a Escola de Maxia, Humor e Clown de Magiclown (+++)
Chegou a hora da risa, a arte e a festa. Chegou a hora de Magiclown. Do 2 ao 6 de Maio en Sant Josep (Eivissa) (+++)
Risactiva: Curso de Risoterapia impartido por Angel Sánchez e Iván Prado en Oviedo (+++)
2ª Crónica Chilanga

Marcos segue no seu camiñar polo distrito federal , a mayor fábrica de mentiras e medo de toda a republica mexicana. E sobre o medo e a soedade está a facer pedagogía o delegado cero.

Tres citas no día, con kilómetros de asfalto e horas de tráfico endiablado para a outra campaña en territorio chilango, pero as longas horas de discursos previos, as altas temperaturas e a inacabable axenda non restaron fortaleza ás intervencións do portavoz zapatista.

O sub comenzou a outra campaña escoitando e facendo fondas denuncias, pero sen desvelar a carga nuclear da mensaxe encerrada na Outra campaña, ata onte que chegou ao df convertendo as súas cortas intervencións(unha media de 20 min) nun discurso afuracanado. Unhas calmas proclamas contra o medo e o poder, con nomes e apelidos desenmacarando aos vasallos do sistema de partidos, incluída a élite universitaria e científica.

Marcos, xa non esconde a o sentido da outra campaña: levantar o país para tumbar dunha vez por todas o sistema de partidocracia que controla o país dende 1917.
E Faino dende unha tribuna que se egue sobre anos de revoltas esutuaintis, coa mayor folga universitaria do continente americano incluída, e diante de miles de estudantes qu beben a súas palabras sen segudismo nin silencios pasivos, senón dende a outroridade da sexta campaña, que converte en protagonistas a cada quen, a cada colectivo a cada sector social.

A tecnología desta outra campaña, suténtase en darlle o protagonismo aos propios colectivos que traballan sobre o terreo, aproveitabndo o tirón do ezln e o seu portavoz, pero sen levar aos altares ao enmascarado do século 21.

Palabras rebeldes que demandan unha outra universiade, un novo politécnico nacional, o gran proxecto educativo e científico de corte socialista de Lázaro Cárdenas. Unha outra Universiade nacional autónoma de México, a mellor de América latina segundo o lider guerrilleiro, pero tamén palabras revolucionarias, as que poñen data de defunción dos istema político actual: o 2012, é o ano declarado como o principio do fin segundo o subcomandante insurgente.

Os de arriba, xa non rspiran tan ben desde que empezou esta nova andaina zapatista, xa non poden dárlle a razón ao ezln sen mudar de práctica, xa non poden rir nos salóns dos seus clubs da poética palabra zapatistas. Non, o discurso de Marcos estase convertendo nunha poderosa palanca para voltear a pesada carga do medo de bando, para voltear

Parece que despois de 22 anos de fundación do ezln está empezando a por ao verdadeiro poder contra as cordas, pero non cunha campaña militar que tome o df polas armas,senón polo levantamento da sociaded civil mexicana, con consignas de esperanza e palabras quedas.

A outra campaña pode que non chegue a bon porto inmediatamente, nin sequera podemos garantir que a medio prazo tumbe o sitema de partidos, pero o que si está conseguindo é ensaiar unha nova forma de revolución social, con data de ou sen data de finalización, pero con visos de victoria.

Iván Prado

PODES LER TODAS AS CRÓNICAS
>1ª CRÓNICA >2ª CRÓNICA >3ª CRÓNICA >4ª CRÓNICA
>5ª CRÓNICA >6ª CRÓNICA >7ª CRÓNICA >8ª CRÓNICA
>9ª CRÓNICA >10ª CRÓNICA >11ª CRÓNICA >12ª CRÓNICA
>13ª CRÓNICA >14ª CRÓNICA >15ª CRÓNICA  
 
foro foro
taboleiro
boletin boletin


envíanos as túas noticias
>>
crónicas
 
 
 
       telf: 981 58 28 36 -- correo: info@republicaclown.org