| A Outra Campaña e o Outro Mundo
Estudiantes, proletariado, pensionistas, campesinos e campesinas, indígenas, vendedores ambulantes, artistas, mulleres,.. Punks, tribus urbanas, Prostitutas, homoxesuais, transexuais, todos e todas teñen o seu lugar e o seu traballo dentro da outra campaña.
Antes de marchar da capital de México, participamos no acto das outras sexualidades e das servidoras sexuais.
Grosas foron as palabras e ben duras intervencións que escoitamos na alameda de DF, putas organizadas, indígenas homosexuais, profesorado transexual, e dúcias de colectivos pola liberdade sexual.
Denuncias de asesinatos, de desaparicións de connivencia entre a xudicatería federal e o tráfico de servicios sexuais. Denuncias de persecución por parte da policia, de impunidad absoluta para homofobia, denuncias para a socildemocracia hipócrita y corrupta que goberna o DF, que regala cargos y manipula os servicios sociais para garantir a carreira meteórica de Lopez Obrado(PDR) a cadeira da presindencia.
E baixo un sol inmenso e inmensas mantas revindicativas.. o sup. Sempre en silencio, sempoe apuntando, escribindo e escoitando, un Sup que relega a súa presencia a breves intervencións de 20 min, para que a outra campañ lle dea a palabra aos sempre esquecidos. A voz dos sin voz, ese é o EZLN.
Un sup, que despois de horas de escoita verque palabras liberadas de dogmatismos e de protagonismos estériles. Palabras directas ao corazón da xente ao corazón e á razón, O seu discruso cada día parece unha contionuación do discurso anterior, cada intervención é unha fermosa peza do quebrcabezas que está debuxando a Outra campaña, un quebracabezas que empeza a traslucir un México de abaixo volteando ao México de arriba.
Transformar o medo en loita, traducir as soedades en redes de intercambio e cooperación, abandonar as palabras valeiras as promesas virtuais, en predicións verdadeiras. A receta da Sexta Declaración é unir as loitas e darlle o protagoinismo á xente de base, rachando coas loitas intestinas do México cla´sico, tumbando os dogmatismos, e a linguaxe de vanguardia.
A outra campaña non ten vanguardia nin líderes, non vocais nin teorías íunicas.
A outra campaña é a da fórmula do 1997: Camiñar os 7 cores dos 7 arcoIris dos 7 ceos que atravesan os 7 mundos que todos somos.
Regresamos a casa, e como sempre levámonos a mochila chea de recordos, rostros emocións e moitas leccións, cremos que aprendidas, pero ademias nesta ocasión a nosa equipaxe leva sobrepeso, portamos un mar de esperanza zapatista, a espernza que que a outra campañ e a sexta levantará un vento sur que faga poisible un outro mundo posible.
Iván Prado.
|