| O primerio día
de traballo cos promotores de educación
deste sector do V Caracol, tróuxonos futbol,
un baño paradisíaco, case 8 horas
de traballo e varias sorpresas.
Máis de sesenta promotores
e promotoras de educación estaban agardandando
pola nosa chegada, homes e mulleres que entregaron
unha parcela moi importante da súa vida
á comunidade e á causa zapatista.
Dende nenos de 13 anos ata pais e nais de familia
que poden rír e xogar como rapaces pero
que á hora de traballar demostran unha
responsabilidade
e un compromiso só explicable dentro dun
proceso revolucionario.
Empezando os traballos fixemos
varios xogos de coñecemento que pronto
nos regalaron varias sorpresas como o xogo da
Telaraña, na que as persoas preséntanse
ao grupo lanzando un ovillo de lá mentras
explican un soño na
vida, para pouco a pouco irse construindo unha
rede de soños
comunitarios. E alí metidos no cento de
formación escoitamos a promotores que o
seu soño era o de que sub volvese ben e
pronto, ou ser piloto de avións, ou que
a revolución triunfase, ou facerse insurxentes.
Descubrimos que na serra zapatista
tamén se fala galego variante chol, xa
que os compas enseguida repetían entre
eles as palabras que nos escoitaban, escachando
da risa, imitando o noso acento. Finalmente triunfou
a de "ostia como pican estas formigas..."
Pero a mellor sorpresa de todas
foi cando en metade dunha xuntanza de avaliación
dos obradoiros do día cos coordinadores
da formación, un dos compas, (imos porlle
de nome Pedro) que é o máximo responsable
de educación do V Caracol, comenzou a explicar
o proxecto en Chiapas dos
Pallasos en Rebeldía de Galicia como unha
realidade xa, todos os gaelgos da xuntanza empezamos
lanzarnos miradas de complicidade. Parece que
o camiño emprendio xa hai tempo comeza
a dar froitos.
Iván Prado.
|