7 maginificos + 1
pallasos en rebeldia
formaclown
enlaces contacto inicio
galego
 



Volve a Ibiza a Escola de Maxia, Humor e Clown de Magiclown (+++)
Chegou a hora da risa, a arte e a festa. Chegou a hora de Magiclown. Do 2 ao 6 de Maio en Sant Josep (Eivissa) (+++)
Risactiva: Curso de Risoterapia impartido por Angel Sánchez e Iván Prado en Oviedo (+++)
5ª CRÓNICA DOS PALLASOS EN REBELDÍA DENDE CHIAPAS

CRÓNICA DE CIRCOS E OUTRAS HISTORIAS

Día a día vai medrando o proxecto de pallasos en rebeldía de Galicia no seo da revolta indíxena.
En 1995 cheguei a Chiapas para participar na inauguración dosAugasquentes e naquel momento sentía que o meu camiño vital estaría sempre ligado a esta revolución indíxena,
pero a verdade é que co exército pisándonos os talóns e as comunidades zapatistas inmersas no proceso de defensa armada do seu territorio, non atopaba xeito de acoplarme a un movemento clandestino cunha forma de vida tan diferente á que eu coñecía.

No 96 realicei unha viaxe para pór en marcha un proxecto de cooperación coa Comunidade da Realidade e entrevistarme coa comandancia. Pero era o mometo de romper o diálogo co Goberno por incumprir os acordos de San Andrés, así que frustradas as nosas intencións e con certa crise no corpo
marchamos para casa coas mans baleiras. Voltamos en 1998 despois da Matanza de Acteal nunha iniciativa da que teremos que falar de vagar algún día: a comisión civil de DDHH, na que intregaba con sete compañeiros máis a Coordinadora Internacional da mesma. Unha viaxe durísima. Logo virían máis viaxes e traballos pero ata a Marcha da Cor da Terra no
2001 no fun capaz de reconcialiarme con esta revolución que tiña tempo indíxena e estratexias indescifrables. Foi na zona norte, no ano 2001, actuando no caracol V "Que fala para todos" e dando talleres para os promotores de educación da terceira xeración; logo viñeron xiras de actuacións e pequenas obradoiros de xogos polas comunidades dos municipios autónomos do Traballo, Ti`Colenja, Venustiano
Carranza, Tila.., días nos que comezamos a coñecer o funcionamno dos Caracois, a nova estructura organizativa da que se dotaran os municipios en resistencia para construír a autonomía.

Hoxe estamos dando formación en técnicas de pallasos malabares e xogos cooperativos, aplicadas á pedagoxía, pero sobre todo estamos sedimentando a futura Escola de Novo Circo.

Despois de tres días de pallasadas os plans da escola dispáraronse: de setembro a decembro volveremos a Chipas para participar na creación da 5ª xeración de promotores de educación e no curso de reciclaxe dos promotores existentes pero ademais coñeceremos ao grupo de compas que xa
terán decidido, para daquelas, baixo acordo da súa comunidade entrarlle a ser pallasos.

Para daquelas unha nova aventura zapatista erguerá o voo destino ao planeta dos cómicos, dos cómicos con pasamontañas e paliacates, dos bufóns que apostan o seu pescozo por rirse do monarca, dos pallasos que empreñan un nariz vermello como arma contra as inxustizas.

Iván Prado


PODES LER TODAS AS CRÓNICAS
>1ª CRÓNICA >2ª CRÓNICA >3ª CRÓNICA >4ª CRÓNICA
>5ª CRÓNICA >6ª CRÓNICA >7ª CRÓNICA >8ª CRÓNICA
>9ª CRÓNICA >10ª CRÓNICA >11ª CRÓNICA >12ª CRÓNICA
>13ª CRÓNICA >14ª CRÓNICA >15ª CRÓNICA  
 
foro foro
taboleiro
boletin boletin


envíanos as túas noticias
>>
crónicas
 
 
 
       telf: 981 58 28 36 -- correo: info@republicaclown.org