|
QUIJOTE E SANCHO CABALGAN DE NVO POLO SURESTE
MEXICANO
Despois dun ano sen visitar Chiapas, Quijote
e Sancho, Sancho e Quijote, tanto monta monta
tanto, cabalgan de novo sobre os seus veloces
corceis, pero desta volta o acento dos ilustres
perosonaxes non é o castilla galeguizado
senón o Chol. (...)
Por primeira vez na historia dos Pallasos en
Rebeldía e dos 7 Magníficos + 1
unha das nosas farsas, e baixo a miña dirección,
vai ser interpretada compeltamnte polos compas
promotores de educación.
Esta noite pechamos o curso de formación
cunha actuación estelar, a versión
indíxena da farsa do Quijote e o Sancho
Panza que os 7 Magníficos +1 aprendemos
da familia Colombaioni (8 xeracións de
pallasos). Pataplan ou Sancho non foi represnatdo
por Lokonuk (o nome co que me bautizaron os Tzeltales)
senón por un promotor Chol que leva moitos
anos metido na organización.
A tarde estivo amenizada polas representacións
que fixemos cos promotores de educación
do curso, historias creadas por eles que trataban
violacións, a matanza de acteal, disputas
pola terra, alcoholismo, a militarización
do estado, todo un mosaico da realidades que feitas
teatro lles axuda a soportar mellor a terrible
histotria da querra entres os pobos indios a guerra
de baixa intensidade dos terratenientes e o estado.
Rematamos o curso e o día cunha breve
actuación dos Pallasos en Rebeldía
de Galicia, xa que a miña voz quebrada
non me permitía máis esforzos antes
de comezar a xira por 8 comunidades, pero sobre
todo rematamos coa satisfacción de ter
convivido cos axentes que van seguir formando
as proximas xeracións de zapatistas, e
ter descuberto que a labor de acompañemneto
desta revolución sobre o terrereo pódese
facer sen ser
invasivos, nin agresivos coa súa realidade
ou a súa autoestima, que se pode facer
internacionalismo e cooperación fraternal
con outros pobos en loita partindo da súa
realidade e colocando como protagonistas aos propiois
suxeitos históricos do cambio.
Pallasos en Rebeldía e indíxenas
en resitencia están construíndo
unha ponte de intercambio e apoio mútuo,
e aínda que anosa pequena achega en forma
de risas e capacitación non poda igualar
a esperanza que teñen levatado no mundo
os zapatistas, sentímonos irmáns
destes pobos e acompañantes da súa
loita que tamén é a nosa.
Iván Prado
|