| A
SEMENTE DE MARCOS
Puxémos en marcha, a xira comenzou cunha
partida tempraneira e despedidas indíxenas,
abrazos a medio camiño e boces baixas que
prometen novos encontros. Pero a emoción
sempre resguardada do ollo alleo, así só
eles poden entegar a súa vida a unha causa
sen alardear nin o máis mínimo,
poden emocionarse ata o infinito sin que un só
priegue da cara o aununcie.
Chegamos ben cedo a Shoctic para empezar cos
traballos de pallasos na escoliña autónoma,
pero esta semana é festiva para eles, polo
que non atopamos a marabunta de nenos e nenas
zapatistas que como noutras veces nos acompañan
dende que chegamos ata que caen rendidos na noite;
no fondo agradecemos ese pequeño respiro,
sobre todo eu, que arrastro unha afonía
que ameza con facerse crónica durante a
xira.
Eu son desas persoas que soportan fatal as enfermidades,
sobre todo cando está no medio dun proxecto
importante que require de toda a miña fortaleza
e concentración, así que cada vez
que perdo a voz por un mal uso da voz, entro nun
estado de desánimo e cabreo que non me
podo permitir, moito menos cando visitamos as
comunidades en resitencia e que levan tempo esperando
a que chegue a caravana de pallasos.
Así que o día foi transcurrindo
con bastante tranquilidade ata o momento da actuación,
a nosa primeira función completa en xira.
Nervos, presas de última hora e os preparativos
finais que sempre faltan, pero o lugar onde actuamos
foise lentamente enchendo de compas e non compas,
máis de 200 perosas estaban vendo o espectáculo
cando a noite nos alcanzou en metade dos números
de maxia zapatista.
Moitas risas e aplausos, e cara de satisfacción
entre os promotores de educación e as autoriades
da comunidade. Pechamos o espectáculo cun
número espectacular de lume que sustentamos
na canción de Todos de Macaco, pensando
que a xornada do día xa remtara cando os
formadores tomaron o micro e derón o discurso
político máis hermoso que nunca
lle escoitara a un indíxena da zona norte.
Poesía e denuncia brotaron daqueles homes
indios, versións de Galeano e Marcos, mixturadas
con pensamento maia, onde ata as lecturas de Marx
saían a pasear no seu discurso circular
onde o principio era remate e o final un inico
que se camiñaba só.
Sorpresa e admiración invadiunos por igual
ao escoitar da voz de homes de vinte anos, que
non recibiron máis formación do
estado que a da primaria, denunciando ao capital
e explicando a lota zapatista dende a cosmovisión
maia foi o mellor prólogo posible para
esta xira da resistencia que acabamos de iniciar.
Iván Prado
|