| DE
MILICIANOS
Na segunda comunidade na que estivemos, Calvario,
estivemos durmindo na casa dun dos primeiros fundadores
do EZLN, xa o avó da casa entrara na organización
hai case 25 anos, e o patriarca está baixo
búsqueda e captura. Todos os seus fillos
,e ten doce, están metidos na organización.
Esa mesma tarde o comité de educación,
un vello miliciano, platicounos sobre a dureza
da loita, pouco a pouco decatámonos que
non eran Choles, como as mayoría das comunidades
que íamos visitar, senón Tzotil
pola dureza das súas palabras e a bravura
do seu discurso.
Os tzotiles e os tzéltales son as etnias
do EZLN que máis xente entregou á
loita armada e as que protagonizaron os poucos
días de levantemto armado do 1º de
Xaneiro
Este compa contábamos como queimaran casas
os paramilitares na comunidade anterior e como
incluso morrera xente , pero que na súa
comunidade nin sequera se atrevía a entrar
os exércitos, porque eles aínda
que en minoría a tiñan absolutamente
controlada. Era unha das poucas comunidades onde
os paramilitares da zona norte (sobre todos os
máis beligerantes e activos, os de Tila
e Sabanilla) non podían operar.
Na noite e despois da actuación os compas
montarón unha festa con baile de teclado,
e pasamos horas bailando con incasables chamacos,
mentras desde o micrófono lanzaban vivas
á sociedade internacional e nos versionaban
o tema musical de éxito total en México
o “ mariachi loco” mudando a letra
por o “pallaso loco quiere gozar…”
Á mañá seguinte marchamos
cara Majastic, unha pequena comundiade enclavada
nunha montaña incrible, onde toda a comunidade,
a golpe de walki talkie, nos tiña preparada
unha recepción no camiño, con música,
carteis de benvida e programa infantil incluído.
Un dos momentos máis emotivos foi cando
o promotor de educación, que como o coordinador
de educación do municipio autónomo
da Dignidad, nos acompañaron durante varios
días, deixando as súas obrigas familiares
e camiñando horas polas veredas, realizou
con chamacos un xogo que eu improvisei durante
os días de formación en Joljá,
chamado “o mundo é noso”
Na noite, de novo, tivemos concerto e baile con
instrumentos tradicionais mexicanos como o guitarrón,
e botamos horas bailando ata a extenuación,
e cando veían que os pallasos nos escaqueábamos,
enseguida saía un compa polo micro improvisado
para preguntarnos porque a visita estaba triste,
así que de novo retomábamos a pista
de baile, o chan de terra da escola autónoma,
pera bailar as interminables canción de
20 minutos que tanto se estilan por aquí.
Pola mañá saiu o sol, e toda a
comunidade a despedirnos. E mentres atravesábamos
aquelas montañas rebeldes unha intensa
sensación de esperanza invadiu toda a caravana,
como escribiu o sub: non podemos perder como vamos
a perder se somos un exército de soñadores.
Nós podríamos engadir que non poden
perder, porque ademáis son un pobo feliz
que incluso nos momentos duros enfrentan a fame
e a guerra bailando a morte e pelexando a resitencia
con risas de neno.
Iván Prado.
|