7 maginificos + 1
pallasos en rebeldia
formaclown
enlaces contacto inicio
galego
 



Vuelve a Ibiza la Escuela de Magia, Humor y Clown de Magiclown (+++)
Llegó la hora de la risa, el arte y la fiesta. Llegó la hora de Magiclown. Del 2 al 6 de Mayo en Sant Josep (Eivissa) (+++)

Risactiva: Curso de Risoterapia impartido por Angel Sánchez e Iván Prado en Oviedo (+++)

12ª CRÓNICA DOS PALLASOS EN REBELDÍA DENDE CHIAPAS

11 comunidades e 11 actuacións en 15 días

Percorrimos, máis de 50 horas en camionetas, casi 20 horas de formación, ao redor de 15 de actuacións, máis de 10 de xogos, 8 de baile e un total de 5 horas a pé por cerros e montañas.

Mais de 30 horas para chegar desde Santiago ao V Caracol, e outras 30 para facelo camiño de volta. Comemos máis de 15 caldos de polo, tres kilos de frijoles por cabeza, e ao redor de 278 tortillas de millo, dous litros de Pozol e centos de auga. Bañámonos en 8 ríos distintos, fervenzas incluidas, e pasamos por 5 municipios autónomos.

Coñecemos a 10 membros da Xunta de Bon Goberno, a 15 autoridades comunitarias, a 65 promotores de educación, 7 comités ,a dous consellos auntónomos e a un chingo de chamacos e chamacas, durmimos nunha igrexa, en tres escolas autónomas, no Caracol no centro de formación de Jolja e en 4 casas de compas

Parounos unha vez a policía federal, e déronnos palabras de benvida en 9 ocasións, catro veces nos recibiu a Xunta de Bon Goberno e 8 foron os partidos de basket que botamos, xogamos cos adultos dúas veces ao dragón e cantamos o himno zapatista o suficiente como para encher un LP dobre polas dúas caras.

Dous documentos rebeldes nos entregaron e coñecemos a 18 internacionais. 22 veces cargamos nas camionetas os 160 kilos de material e mochilas que levabamos enriba, 4 os días que actuei con afonía e 6 os que estiven “delicado do estómago”. 476 as fotos que tiramos e 8 as horas de gravación que nos levamos para casa.

Números que fan de mapa de puntos dunha viaxe por esta pel de sangre e lume que chaman Chiapas, e que nos xa consideramos a nosa outra casa.

11 anos vindo, 9 viaxes ás costas, máis de 12 meses de estancias. 7 os nomes que aquí me puxeron e mais de 40 as comunidades que visitei.

Pero só unha vida para compartir e un soño para por en pé. 6 os idiomas que aquí escoitei, 4 os comandates cos que falei, un sup e un mayor foron cos que estiven. Miles de rostros con voz e paliacates os que me quedaron gravados na miña pel.

Números que non se contablizan no plan económico de ningunha transnacional, números que non cotizan en ningun sitema tributario estatal, números que non din nada e o son todo.

Detrás destes numeros hai noites desperto á luz da palabra escoitando o latir desta revolución, debaixo destas enumeracións agóchase a sensación de vivir a historia e de camiñar a rebeldía.

Non somos unha relacóon de números pero si podemos ser o conxunto de veces que nos emociona a vida.

Iván Prado

PODES LER TODAS AS CRÓNICAS
>1ª CRÓNICA >2ª CRÓNICA >3ª CRÓNICA >4ª CRÓNICA
>5ª CRÓNICA >6ª CRÓNICA >7ª CRÓNICA >8ª CRÓNICA
>9ª CRÓNICA >10ª CRÓNICA >11ª CRÓNICA >12ª CRÓNICA
>13ª CRÓNICA >14ª CRÓNICA >15ª CRÓNICA  
 
foro foro
taboleiro
boletin boletin


envíanos tus noticias
>>
crónicas
 
 
 
       telf: 981 58 28 36 -- correo: info@republicaclown.org