7 maginificos + 1
pallasos en rebeldia
formaclown
enlaces contacto inicio
galego
 



Vuelve a Ibiza la Escuela de Magia, Humor y Clown de Magiclown (+++)
Llegó la hora de la risa, el arte y la fiesta. Llegó la hora de Magiclown. Del 2 al 6 de Mayo en Sant Josep (Eivissa) (+++)

Risactiva: Curso de Risoterapia impartido por Angel Sánchez e Iván Prado en Oviedo (+++)

4ª CRÓNICA DOS PALLASOS EN REBELDÍA DENDE CHIAPAS

O primerio día de traballo cos promotores de educación deste sector do V Caracol, tróuxonos futbol, un baño paradisíaco, case 8 horas de traballo e varias sorpresas.

Máis de sesenta promotores e promotoras de educación estaban agardandando pola nosa chegada, homes e mulleres que entregaron unha parcela moi importante da súa vida á comunidade e á causa zapatista. Dende nenos de 13 anos ata pais e nais de familia que poden rír e xogar como rapaces pero que á hora de traballar demostran unha responsabilidade
e un compromiso só explicable dentro dun proceso revolucionario.

Empezando os traballos fixemos varios xogos de coñecemento que pronto nos regalaron varias sorpresas como o xogo da Telaraña, na que as persoas preséntanse ao grupo lanzando un ovillo de lá mentras explican un soño na
vida, para pouco a pouco irse construindo unha rede de soños
comunitarios. E alí metidos no cento de formación escoitamos a promotores que o seu soño era o de que sub volvese ben e pronto, ou ser piloto de avións, ou que a revolución triunfase, ou facerse insurxentes.

Descubrimos que na serra zapatista tamén se fala galego variante chol, xa que os compas enseguida repetían entre eles as palabras que nos escoitaban, escachando da risa, imitando o noso acento. Finalmente triunfou a de "ostia como pican estas formigas..."

Pero a mellor sorpresa de todas foi cando en metade dunha xuntanza de avaliación dos obradoiros do día cos coordinadores da formación, un dos compas, (imos porlle de nome Pedro) que é o máximo responsable de educación do V Caracol, comenzou a explicar o proxecto en Chiapas dos
Pallasos en Rebeldía de Galicia como unha realidade xa, todos os gaelgos da xuntanza empezamos lanzarnos miradas de complicidade. Parece que o camiño emprendio xa hai tempo comeza a dar froitos.

Iván Prado.


PODES LER TODAS AS CRÓNICAS
>1ª CRÓNICA >2ª CRÓNICA >3ª CRÓNICA >4ª CRÓNICA
>5ª CRÓNICA >6ª CRÓNICA >7ª CRÓNICA >8ª CRÓNICA
>9ª CRÓNICA >10ª CRÓNICA >11ª CRÓNICA >12ª CRÓNICA
>13ª CRÓNICA >14ª CRÓNICA >15ª CRÓNICA  
 
foro foro
taboleiro
boletin boletin


envíanos tus noticias
>>
crónicas
 
 
 
       telf: 981 58 28 36 -- correo: info@republicaclown.org