7 maginificos + 1
pallasos en rebeldia
formaclown
enlaces contacto inicio
galego
 



Vuelve a Ibiza la Escuela de Magia, Humor y Clown de Magiclown (+++)
Llegó la hora de la risa, el arte y la fiesta. Llegó la hora de Magiclown. Del 2 al 6 de Mayo en Sant Josep (Eivissa) (+++)

Risactiva: Curso de Risoterapia impartido por Angel Sánchez e Iván Prado en Oviedo (+++)

6ª CRÓNICA DOS PALLASOS EN REBELDÍA DENDE CHIAPAS

QUIJOTE E SANCHO CABALGAN DE NVO POLO SURESTE MEXICANO

Despois dun ano sen visitar Chiapas, Quijote e Sancho, Sancho e Quijote, tanto monta monta tanto, cabalgan de novo sobre os seus veloces corceis, pero desta volta o acento dos ilustres perosonaxes non é o castilla galeguizado senón o Chol. (...)

Por primeira vez na historia dos Pallasos en Rebeldía e dos 7 Magníficos + 1 unha das nosas farsas, e baixo a miña dirección, vai ser interpretada compeltamnte polos compas promotores de educación.

Esta noite pechamos o curso de formación cunha actuación estelar, a versión indíxena da farsa do Quijote e o Sancho Panza que os 7 Magníficos +1 aprendemos da familia Colombaioni (8 xeracións de pallasos). Pataplan ou Sancho non foi represnatdo por Lokonuk (o nome co que me bautizaron os Tzeltales) senón por un promotor Chol que leva moitos anos metido na organización.

A tarde estivo amenizada polas representacións que fixemos cos promotores de educación do curso, historias creadas por eles que trataban violacións, a matanza de acteal, disputas pola terra, alcoholismo, a militarización do estado, todo un mosaico da realidades que feitas teatro lles axuda a soportar mellor a terrible histotria da querra entres os pobos indios a guerra de baixa intensidade dos terratenientes e o estado.

Rematamos o curso e o día cunha breve actuación dos Pallasos en Rebeldía de Galicia, xa que a miña voz quebrada non me permitía máis esforzos antes de comezar a xira por 8 comunidades, pero sobre todo rematamos coa satisfacción de ter convivido cos axentes que van seguir formando as proximas xeracións de zapatistas, e ter descuberto que a labor de acompañemneto desta revolución sobre o terrereo pódese facer sen ser
invasivos, nin agresivos coa súa realidade ou a súa autoestima, que se pode facer internacionalismo e cooperación fraternal con outros pobos en loita partindo da súa realidade e colocando como protagonistas aos propiois suxeitos históricos do cambio.

Pallasos en Rebeldía e indíxenas en resitencia están construíndo unha ponte de intercambio e apoio mútuo, e aínda que anosa pequena achega en forma de risas e capacitación non poda igualar a esperanza que teñen levatado no mundo os zapatistas, sentímonos irmáns destes pobos e acompañantes da súa loita que tamén é a nosa.

Iván Prado

PODES LER TODAS AS CRÓNICAS
>1ª CRÓNICA >2ª CRÓNICA >3ª CRÓNICA >4ª CRÓNICA
>5ª CRÓNICA >6ª CRÓNICA >7ª CRÓNICA >8ª CRÓNICA
>9ª CRÓNICA >10ª CRÓNICA >11ª CRÓNICA >12ª CRÓNICA
>13ª CRÓNICA >14ª CRÓNICA >15ª CRÓNICA  
 
foro foro
taboleiro
boletin boletin


envíanos tus noticias
>>
crónicas
 
 
 
       telf: 981 58 28 36 -- correo: info@republicaclown.org