7 maginificos + 1
pallasos en rebeldia
formaclown
enlaces contacto inicio
galego
 



Volve a Ibiza a Escola de Maxia, Humor e Clown de Magiclown (+++)
Chegou a hora da risa, a arte e a festa. Chegou a hora de Magiclown. Do 2 ao 6 de Maio en Sant Josep (Eivissa) (+++)
Risactiva: Curso de Risoterapia impartido por Angel Sánchez e Iván Prado en Oviedo (+++)
 
 

O Festival Internacional de Clown de Galicia naceu hai cinco anos, para converterse, co paso das edicións, nun evento cultural sen parangón en Galicia e no Norte da Península, no que a formación teatral comparte espacio co ocio, a calidade artística e a dinamización social. O Festiclown constitúe un intercambio continuo entre artistas e público que se desenvolve en teatros, auditorios, rúas, prazas,… enchendo de humor todos os recantos da cidade.


A marca de identidade do Festiclown é o seu espíritu alternativo e solidario. No 2001, os pallasos do Festiclown, convertidos en líderes políticos por un día, tomaron o edificio do Concello de Pontevedra e simularon a súa liberación, protagonizando unha acción asombrosa ante os cidadáns alí convocados. Por primeira vez, nese mesmo ano, un festival tivo como un dos seus escenarios un hospital.

Festiclown tamén ten achegado o sorriso a outras comunidades do mundo que sufren a anguria dos conflictos e a falta de recursos. Dende Coperactiva, entendemos que a cultura ademais de ser participativa, comunitaria e creativa, tamén debe ser solidaria. Por iso creamos e mantemos edición tras edición un Fondoclown solidario para financiar un Proxecto Social.

 

EDICIÓNS REALIZADAS:


- 1ª Edición: do 18 ao 22 de Xullo de 2000 en Pontevedra.

- 2ª Edición: do 16 ao 22 de Xullo de 2001 en Pontevedra.

- 3ª Edición: do 15 ao 21 de Xullo de 2002 en Pontevedra.

- 4ª Edición: do 2 ao 8 de Agosto de 2004 en Santiago de Compostela.

- 5ª Edición: do 1 ao 7 de Agosto de 2005 en Santiago de Compostela.

foro foro
taboleiro
boletin boletin


envíanos as túas noticias
>>
crónicas
 
 
 
       telf: 981 58 28 36 -- correo: info@republicaclown.org