A arte do clown non é so unha profesión, senón un estilo de vida que require a comprensión da emoción, da sensibilidade, da paixón e do traballo desde o corazón.
Jango Edwards, recoñecido internacionalmente como un dos mellores clowns do mundo e Peter Ercolano, o seu estreito colaborador nos últimos anos, tanto nos seus espectáculos como nos seus cursos, preséntannos a súa particular visión do clown.
Para eles, o clown, en esencia pura, é unha combinación de inocencia e madurez e consideran que na combinación exacta destas dúas cualidades é onde as persoas deben descubrir e desenvolver o seu clown persoal.
Así, a través de diversos xogos, actividades físicas, demostracións, improvisacións e postas en escena , cada quen deberá descubrir a súa particularidade cómica, con doses de inocencia e de lóxica, ingredientes fundamentais da fórmula clown. Nun ambiente teatral a confianza no grupo motiva as persoas participantes a lembrar a inocencia que xa esqueceron. |