7 maginificos + 1
pallasos en rebeldia
formaclown
enlaces contacto inicio
galego
 
Curso de introdución á Commedia dell´Arte
Carlo Boso

voltar :: inscríbete

Carlo Boso é, sen lugar a dúbidas, un d os máis prestixiosos directores de teatro europeos , con numerosas montaxes para o TAG Teatro de Venecia e para algunhas das máis emblemáticas compañías teatrais de Europa e de América . Tras ser alumno de Giorio Strehler e de Marcelo Moretti, foi actor da compañía Piccolo Teatro de Milán, coa que participou en máis de corenta espectáculos, dirixidos por Strehler, Astri , Madrazzi , Adouardo de Philippo , Solieri e Dario Fo. Imparte cursos de Commedia dell'Arte por todo o mundo e dirixe diversos f estivais de teatro , entre os que destacan o Festival de Notre Dame, o Festival de Avignon e o Carnaval de Venecia . Alma mater do proxecto Europa in maschera, que trata de difundir un d os tesouros teatrais máis importantes de occidente : a Commedia dell'Arte. Actualmente é director da Escola Internacional de Teatro de Montreuil sous Bois, en Francia. 

Neste curso traballaranse os seguintes contidos: i mprovisación teatral, xogo de máscara, arquetipos da Commedia dell´Arte, adestramento físico e vocal e, por último, a Commedia dell´Arte fronte ao público.

 

Recibe gratuitamente o boletín quincenal de República Clown. Inscríbete a partir do 15 de xuño.
 
 
       telf: 981 58 28 36 -- correo: info@republicaclown.org