7 maginificos + 1
pallasos en rebeldia
formaclown
enlaces contacto inicio
galego
 
Curso de iniciación ao clown
Jesús Jara


voltar :: inscríbete

Pedagogo teatral, pallaso, actor e director, Jesús Jara é autor do libro El clown, un navegante de las emociones. Desde 1983 imparte conferencias e cursos de clown e é creador, xunto a Lluna Albert e Proexdra, da escola de pallasos Los Hijos de Augusto . Recibiu o Ignasito, galardón que outorga a Trobada de Pallassos d´Alzira.

Os obxectivos deste curso serán: incorporar aspectos da infancia á nosa personalidade adulta, traballar a mirada como medio de transmitir aos demais as nosas emocións e de recibir as dos demais, desenvolver a capacidade de expresar emocións primarias, descubrir desde a autenticidade un novo xeito de vivir o cotián e crear desde a dificultade cun espírito lúdico e positivo.

En canto aos contidos, traballaremos os estados de máxima sensibilidade, o imaxinario do pallaso, a capacidade de volvernos sensíbeis e de transmitir tenrura, o clown como conxunción das dúas caras da mesma moeda -pragmatismo e idealismo- e, por último, a improvisación -individual, en parellas ou en grupo-, como medio de desenvolver capacidades.
Recibe gratuitamente o boletín quincenal de República Clown. Inscríbete a partir do 15 de xuño.
 
 
       telf: 981 58 28 36 -- correo: info@republicaclown.org