7 maginificos + 1
pallasos en rebeldia
formaclown
enlaces contacto inicio
galego
 
Curso de improvisación
Pablo Pundik

voltar :: inscríbete

Pablo Pundik é actor, director e mestre de teatro especializado en improvisación. Integrante da compañía Impromadrid Teatro e é membro fundador da Liga de Improvisación Madrileña. É director do Taller de Teatro Asura e xogador nos equipos de Match de Improvisación da Liga de Improvisación Madrileña.

Improvisar é escribir no aire co corpo, coa voz, co meu imaxinario. É facer teatro, unha ficción artística, co atractivo de que o público percibe que todo está sendo creado diante dos seus ollos nese instante, en exclusiva para el.

Neste curso tentaremos aprender, dunha forma práctica, as técnicas e ferramentas básicas da improvisación teatral, crear escénicas únicas e irrepetíbeis, achegarse ás estruturas dos espectáculos de improvisación. Para acadar estes obxectivos traballarase a escoita, o adestramento e o desenvolvemento da espontaneidade, pretenderase dar e recibir propostas, preparar os motores (puntos de partida para iniciar unha improvisación), o desenvolvemento dunha improvisación (tomas de decisión) e o funcionamento dos espectáculos.
 
Recibe gratuitamente o boletín quincenal de República Clown. Inscríbete a partir do 15 de xuño.
 
 
       telf: 981 58 28 36 -- correo: info@republicaclown.org