7 maginificos + 1
pallasos en rebeldia
formaclown
enlaces contacto inicio
galego
 

O bufón Leo Bassi impartirá un curso do programa de formación Formaclown os días 24 e 25 de xuño dentro do Mundoclown Magic, que será acollido pola séptima edición de la Fira Mágica de Santa Susanna (Barcelona).

INFORMACIÓN SOBRE O CURSO

Curso:
Na Busca da Nosa Identidade Cómica

Duración:
12 horas. 24 de xuño de 10.00 a 14.00 horas
e 25 de xuño de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Máximo:
25 alumn@s

Prezo: 130 €

Idioma: Español

Oíntes: ata 10

DEVOLUCIÓN DO DIÑEIRO INGRESADO

Aquelas persoas que, unha vez feito o primeiro ingreso, queiran darse de baixa deberán comunicalo á organización no número de teléfono 981 582 836 antes do luns 29 de maio para que lles sexa devolto integramente o importe ingresado.
No caso de non poder asistir ao curso despois de ter realizado o segundo ingreso, só se devolverá o importe no caso de que a praza sexa cuberta por outra persoa ou se acrediten causas de forza maior.


OÍNTES

Para participar como oyente seguir o mesmo procedemento de preinscrición indicando no ingreso a opción de oínte.
Os/as oíntes terán que abonar o 50 % do custe do curso, non poderán participar activamente no mesmo, nin poderá interromper ou molestar ás persoas participantes.
En todo caso, as prazas de oínte só se farán efectivas cando se cubran todas as prazas do/s curso/s correspondente.

 

Leo Bassi desenvolve un sistema que mestura a teoría con orixinais xogos psicolóxicos, que animan aos participantes a descubrir máis deles mesmos segundo se van intensificando estes exercicios. Un dos aspectos máis importante destas sesións é que todos os e as participantes son continuamente estimulados a tomar alternativamente un papel activo e, á vez, observador e crítico.
Isto alenta discusións francas en cada paso que se vai dando, obrigándolles a darse conta de cómo as súas accións son percibidas por outros e que significan para eles mesmos. Segundo vai progresando o curso, a énfase cambia de ser unha ampla exploración da mente a ser un estudio máis centrado na comedia e nos problemas puramente teatrais de cómo ser efectivo diante dun público.

INSCRICIÓN E PAGO

Para facer a inscripción no curso do Mundoclown Magic seguir con atención os pasos indicados neste apartado.

A preinscripción para os cursos realizarase exclusivamente a través da páxina web www.festiclown.org ou no número de teléfono 981 582 836, previo ingreso bancario e tras enviar por fax o xustificante de ingreso.

A inscrición nos mesmos será por estricta orde de ingreso bancario.

O prazo de preinscripción termina o martes 26 de maio de 2006. As persoas que desexen facer unha preinscripción despois desta data deberán poñerse en contacto coa organización do Festival no número de teléfono 981 582 836 ou a través do mail info@festiclown.org


1.- As persoas interesadas en participar deberán ingresar mínimo o 50 % do importe total do curso solicitado no número de conta de La Caixa 2100 4333 11 0200044873 ata o 26 de maio de 2006, indicando o nome do curso e o nome e apelidos da persoa solicitante do mesmo.

2.- Enviar por fax ao número 981 575 699 ol comprobante do ingreso, asegurándose de que figura o nome do curso e o nome e apelidos da persoa solicitante.

3.- Unha vez realizado o ingreso, cubrir a ficha de inscripción dispoñible na web www.festiclown.org, completando todos os campos, e enviala a info@festiclown.org, ou ben chamar ao teléfono 981 582 836.

4.- O 27 de maio se publicará a través da páxina web www.festiclown.org a lista de persoas inscritas no curso.

No caso de que se exceda o número máximo de alumnos/as no curso, o/a alumno/a entrará directamente en lista de espera. Se finalmente non puidese entrar no curso, a organización do curso porase en contacto coa/s persona/s sen praza reservada para a devolución do importe ingresado.

5.- As persoas preinscritas en cada curso deberán ingresar o importe restante no mesmo número de conta ata o 16 de xuño de 2006 e, igualmente, deberán enviar por fax ao número 981 575 699 o comprobante do ingreso, asegurándose de novo que figura o nome do curso e o nome e apelidos da persoa solicitante.

6.- As personas preinscritas en cada curso, unha vez realizado o segundo ingreso, terán a súa plaza asegurada automáticamente, confirmándose así a súa inscripción.

7.- O 17 de xuño farase pública, a través da web www.festiclown.org, a lista definitiva de persoas admitidas no curso, así como as plazas libres.

 

inscríbete aquí
Recibe gratuitamente o boletín quincenal de República Clown. Inscríbete a partir do 15 de xuño.
 
 
       telf: 981 58 28 36 -- correo: info@republicaclown.org