7 maginificos + 1
pallasos en rebeldia
formaclown
enlaces contacto inicio
galego
 

>O PROXECTO :

 

O FORMACLOWN é un proxecto que centra o seu traballo na formación teatral relacionada co clown, a maxia, o teatro de rúa, o teatro xestual... algunhas das manifestacións artísticas e teatrais máis emerxentes na actualidade en todo o estado español.

A través dunha formación continua e especializada en técnica cómicas, traballa para potenciar a nivel local, nacional, estatal e europeo a formación profesional e afeccionada das diferentes vertentes teatrais do clown, a maxia e o humor.

Este programa pretende iniciar un proxecto ambicioso que sirva de plataforma para a difusión do teatro cómico e atenda á demanda real existente no Estado no tocante á formación profesional ou afeccionada de clown, maxia e humor, ofrecendo a posibilidade a alumnos e alumnas de formarse cos mestres representativos a nivel internacional dentro das súas diversas vertientes teatrais, mentres compartenespacios para a comunicación e la convivencia multicultural.

O FORMACLOWN diferénciase doutros programas formativos por conxugar formación con convivencia artística e humana, presentación dos traballos finais dos cursos e epacios para coñecer os espectáculos e as características técnicas dos mellores cómicos do panorama internacional.

 

Recibe gratuitamente o boletín quincenal de República Clown. Inscríbete a partir do 15 de xuño.
 
 
       telf: 981 58 28 36 -- correo: info@republicaclown.org