|
>>IOGA-CLOWN
Os códigos de Clown e os signos do Ioga confluirán nunha metodoloxía de intercambio e busca. A busca e a vivencia do Clown que levamos dentro e o recoñecemento do noso vínculo co Ioga e as súas ensinanzas. O Clown simboliza a forza creadora da risa: desacralizar e deconstruir os ismos nocivos para edificar un novo reflexo de nós mesmas. O Ioga contribúe a tomar conciencia do camiño, recoñecer as pisadas dos antigos, escoller as ferramentas que portaremos e descubir os mundos que levamos dentro.
OBXECTIVOS:
- Conectar físico e mente na proxección exterior.
- Adquirir hábitos físicos e mentais para xerar risas e harmomonía no grupo.
- Descubrir as posibilidades comunicacionales que posuímos.
METODOLOXÍA
A experiencia que proponemos pendula entre o traballo físico e a busca emocional, intercambiando exercicios de Kundalini que nos permitan conectar con zonas e ámbitos do noso corpo con dinámicas Clown que nos abran a rexistros e comportamentos personais. Despertando áreas da nosa personalidade activamos partes do noso físico e viceversa |