7 maginificos + 1
pallasos en rebeldia
formaclown
enlaces contacto inicio
galego
 
 
 
 

> PROFESORES

 
ÁNGEL SANCHEZ MARTÍNEZ
cv
IVÁN PRADO
cv
Director da Fira Máxica e do Festival Internacional de maxia e ilusionismo de Sta.Susanna-Bcn, Diplomado en Educación Social (Universidade de Barcelona), Animador Sociocultural e Director de actividades de tempo libre. Monitor de Risoterapia, pola escola Salut Inteligente de Barcelona, monitor de Ioga da
Risa e Kundalini Ioga.
Cunha longa traxectoria profesional, máis de 20 anos na Educación Social e a Xestión Sociocultural e 25 anos realizando talleres e cursos de formación en diferentes iogas e técnicas de mellora da calidade de vida e o crecemento persoal. Os ultimos anos adícase plenamente á aplicación da risoterapia en diferentes ambitos sociais e á formación de profesores de ioga e monitores da risa.


Iván Prado é Director do Festival Internacional de clown Galicia (Festiclown) desde o ano 2000 e dos Programas de formación teatral Pontevedra, o teu Escenario (2002) e Seminario Cómico Galego (2003) e do Festival Mundoclown . Asimesmo é director a compañía galega e clown Os 7 Magníficos +1 e fundador de Pallasos en Rebeldía , unha entidade de cooperación internacional a través da risa, coa que ten levado a gargallada do teatro por comunidades de todo o mundo (Palestina, Chiapas...).

Xunto con Ángel Sánchez, ten impartido numerosos cursos e obradoiros de ioga-clown, ioga da risa e risoterapia ao longo do estado español.

Recibe gratuitamente o boletín quincenal de República Clown. Inscríbete a partir do 15 de xuño.
 
 
       telf: 981 58 28 36 -- correo: info@republicaclown.org