|
|
>A
COMPAÑÍA
Os 7 Magníficos +1 somos
unha compañía galega de clown que
se creou no ano 2001, a partir dunha serie de
cursos de iniciación e perfeccionamento
de clown impartidos pola compañía
Good Idea Company e promovidos e organizados polo
Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown),
dirixido por Iván Prado.
Formada por xoves actores
e actrices galegos e galegas, procedentes de diversos
medios: teatro afeccionado e universitario, televisión,
cabaré, ... esta banda de piratas do nariz
vermello formámosnos na arte do clown e
o bufón baixo a imprescindible tutela do
Festiclown en cursos e talleres con algúns
dos mestres máis prestixiosos a nivel internacional,
entre os que cabe destacar a Leo Bassi, Eric de
Bont, Jango Edwards ou Carlo Colombaioni.

>PRODUCCIÓNS:
| >
|
Cousas
de mulleres, 2001 |
| > |
¿U-la
Praia?, 2001 |
| > |
As
Cincentas Desclowntroladas,
2001 |
| > |
Manicomio
só para Clowns,
2002 |
| > |
O
Gordo e o Calvo, 2003 |
| > |
A
Cadeira Voadora, 2003 |
>CAMPO
SOLIDARIO
Paralelamente á nosa carreira
profesional, Os 7 Magníficos +1 , contamos
cun extenso currículo no eido social e
solidario. Así, participamos, entre outras,
na Caravana de Pallasos pola Paz en Palestina,
en agosto 2002, organizada pola ONG Payasos Sin
Fronteras e nas Caravanas de Pallasos por diversas
comunidades indíxenas de Chiapas (México),
organizadas polo Festiclown e Pallasos en Rebeldía
nos últimos cuatro anos, coas que pretendemos
crear unha escola de circo e unha compañía
de pallasos naquelas terras mexicanas.
|