Paxinas Amigas
inicio
Galego
Castellano
 
Presentación

Pallasos en Rebeldía. Globalizando a esperanza

Pallasos en Rebeldía é un espazo do teatro galego, vencellado ao Festiclown, que traballa na cooperación internacional a través do riso. Esta entidade, que se creou en Chiapas no ano 2004 durante unha visita ás fervenzas do río Bascán no contexto da II Caravana de Pallasos aos Municipios Autónomos de Chiapas, permite ás artes e ao teatro galegos expresar a súa rebeldía en unión directa con proxectos de fraternidade humanitaria.

Neste novo século que vimos de inaugurar recentemente o pallaso ou clown segue a desempeñar un papel protector dos valores sociais máis humanos dentro das estructuras artísticas: a crítica social, o dereito ao riso dos máis desfavorecidos, a superación dos nosos complexos mediante a cura da garagllada son algunhas das aportacións imprescidibles que esta expresión teatral verte a diario en calquera recuncho do noso planeta.

-----------------------------------------------

Especial cas crónicas da última Caravana de Payasos en Rebeldía a Chiapas no portal Culturactiva

Xa podes acceder ao especial do portal culturactiva.org que xunta todas as crónicas que Lokonuk nos fixo chegar desde a V caravana solidaria a Chiapas posta en marcha por Pallasos en Rebeldía. (+++)

ESPECIAL DA CARAVANA 2008 NO PORTAL CULTURACTIVA

páxinas amigas

contacto: 981 58 28 36 :: pallasosenrebeldia@republicaclown.org