CARAVANA DE PALLASOS A PALESTINA 2009
O clown galego solidario volve a terras palestinas 7 anos despois
Do 21 abril ao 5 de maio o colectivo galego “Pallasos en Rebeldía” levará o espírito da risa e do clown a Palestina. Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda embárcanse nesta viaxe de fraternidade humana a través do riso tamén cun outro obxectivo e igualmente importante como é o de dar apoio ao pobo palestino e denunciar, mais unha vez, a continua e reiterada opresión que sofre por parte de Israel. (+)
CRÓNICA I DE IVÁN PRADO DENDE PALESTINA (+)
CRÓNICA II DE IVÁN PRADO DENDE PALESTINA (+)
CRÓNICA III DE IVÁN PRADO DENDE PALESTINA (+)
CRÓNICA IV DE IVÁN PRADO DENDE PALESTINA (+)
CRÓNICA V DE IVÁN PRADO DENDE PALESTINA (+)
CRÓNICA VI DE IVÁN PRADO DENDE PALESTINA (+)
CRÓNICA VII DE IVÁN PRADO DENDE PALESTINA (+)
CRÓNICA VIII DE IVÁN PRADO DENDE PALESTINA (+)
CRÓNICA IX DE IVÁN PRADO DENDE PALESTINA (+)
-------------------------------------------
Pallasos en Rebeldía. Globalizando a esperanza
Pallasos en Rebeldía é un espazo do teatro galego, vencellado ao Festiclown, que traballa na cooperación internacional a través do riso. Esta entidade, que se creou en Chiapas no ano 2004 durante unha visita ás fervenzas do río Bascán no contexto da II Caravana de Pallasos aos Municipios Autónomos de Chiapas, permite ás artes e ao teatro galegos expresar a súa rebeldía en unión directa con proxectos de fraternidade humanitaria.
Neste novo século que vimos de inaugurar recentemente o pallaso ou clown segue a desempeñar un papel protector dos valores sociais máis humanos dentro das estructuras artísticas: a crítica social, o dereito ao riso dos máis desfavorecidos, a superación dos nosos complexos mediante a cura da garagllada son algunhas das aportacións imprescidibles que esta expresión teatral verte a diario en calquera recuncho do noso planeta.
|