Paxinas Amigas
inicio
Galego
Castellano
 
crónicas --> Chiapas 2003

Crónica 6 dende Chiapas. Ano 2003

Os paramilitares ensinan os dentes na zona norte.

Desde que o proceso de autoorganización total comezou sen posibilidade de retorno, (a partir da creación dos municipios autónomos, pero especialmente co nacemento dos Caracois, os grupos paramilitares) , sobre todo na Zona Norte, onde operan con total impunidade de xustiza e paz, e os Chinculines, veñen acrecentando as tarefas de fustigamentos das comunidades indíxenas en Rebeldía, con maior intensidade en Roberto Barrios.

Comezaron con fortes boicots ás instalacións como a radio ou o tendido eléctrico da comunidade e incluso con ameazas e actos violentos contra os internacionalistas.

Os milicianos Zapatistas deste V Caracol comezaron a súa mobilización silenciosa e clandestina o domingo pasado para garantir a Seguridade dos máis de douscentos promotores en educación que acaban de comezar as súas clases de capacitación, para impartir de xeito autónomo as clases de segundo nivel nas propias comunidades.

Estes milicianos pretenden impedir que continúen as ameazas e os actos agresivos que, con carácter graduado, se están a dar por parte dos grupos Priístas da Zona. Hai que recordar que Roberto Barrios é unha comunidade onde existen familias Priístas, e incluso algúns líderes dos grupos de Paramilitares da Zona Norte.

Estes grupos utilizan aos nenos pequenos para que atosiguen aos campamentistas pola paz . Á beira do camiño que atravesa a comunidade, a delegación galega tivo que soportar xa lanzamento de pedras e insultos, e outros actos de intimidación nos arredores do rio.

Esta situación é realmente preocupante xa que de seguir a escada de accións paramilitares, contando co apoio e a conveniencia do Estado e o exército Mexicano, é realmente probable que se materialice o aviso formulado polo Subcomandante Marcos,(dentro dos textos fundacionais dos caracois), no que se aseguraba defender con todos os medios ao seu alcance a autonomía indíxena, aprobada nos acordos de San Andrés( e logo incumprida polo mal Goberno).

O EZLN a primeira Guerrilla do Século XXI, e a máis importante de carácter indíxena na historia moderna, aínda que sempre deu lugar á palabra e ao diálogo coa sociedade civil Internacional, non deixa de ser un movemento armado, e aínda que aposte pola organización política das comunidades zapatistas, ten capacidade de resposta e autodefensa.

Por todo esto sería dunha irresponsabilidade total, que o goberno continuase coa súa actitude de permitir o abuso de poder que realizan os paramilitares, empregando a violencia a diario, xa que poden empurrar o conflicto a unha calexa sen saída onde as armas voltarán a tomar protagonismo.

Non debemos esquecer que Vicente Fox prometeu en varias ocasións e, en público, a resolución do conflicto de Chiapas en media hora, e levan máis de tres anos xa con esta situación, que apunta cada vez máis a unha saída violenta.

Esperemos que non sexa así e que a presencia de internacionais axude a aplacar as intencións belicosas dos grupos armados polos aparellos de Goberno, desde Salinas a Fox.

Iván Prado. 24 de setembro de 2003

crónica VII
anexo II

contacto: 981 58 28 36 :: pallasosenrebeldia@republicaclown.org