Paxinas Amigas
inicio
Galego
Castellano
 
crónicas --> Chiapas 2003

Anexo II. Crónica de Hospitais que matan e médicos que rouban. Ano 2003

Sempre que falamos coa xente que traballa na comunidade, nos campos fundamentais da vida: a producción, a alimentación, a educación ou a sanidade, acabamos rearfimándonos na xustiza deste movemento e no noso traballo de acompañamento

Esta noite é a nosa compañeira catalana, enfermeira de profesión, e colaboradora da clínica zapatista da zona Norte, quen tece un relato deses que pousan en nós unha chama de carraxe infinita.

Ela cóntanos a historia de varias persoas da comunidade coas que temos ocasión de compartir conversas e momentos de traballo, o que fai aínda máis duro a súa escoita.

Manuel(nome ficticio) padecía unha enorme dor na barriga, e botou tres días en observación na clínica zapatista, porque a sospeita dunha apendicite, non era suficiente motivo para que a súa familia invertise o traballo dun ano en levalo ao hospital de Palenque, pero despois de tres días, ante os indicios cada vez máis fortes dunha posible crise de apendicite, e os mínimos rescursos que ten a clínica, a doutora decidiu apostar pola vía quirúrxica , así que marchou con toda a familia ao hospital xeral de Palenque , a cabeceira de comarca máis preta.

Alí fixéronlle probas e o hospitalizárono, pero o primeiro de todo foi cobrarlle : a estancia, as probas e a asitencia médica, o segundo foi aproveitar o momento no que a doutora zapatista estaba fóra para obrigalos a que fosen mercar unha chea de medicamentos carísimos e de mínimo uso na situación actual, xa que ata que se soubensen as causas da enfermidade non tiña caso facer esa merca. O caso é que a familia mercou todo o que puña aquela criminal lista, que apenas alcanzaban a ler.

Ao final, Manuel non tiña apendecite, senón un virus estomacal (froito da falta de auga potable na comunidade), pero o hospital ingresou o seu diñeiro e ademias quedou con tódolos medicamentos que non usaran para cobrarllos máis adiante a outros pacientes indíxenas

Manuel volven san e aínda máis pobre, para casa, de novo o Estado mexicano fixérase xuíz , parte e caixeiro ao mesmo tempo.

Antonia (nome tamén ficticio) morreu no camiño de volta á comunidade, porque no hospital non a quixeron ingresar ao saber que era dunha comunidade zapatista, os seus familiares vírona quedar sen alento na parte de atrás dunha camioneta cerro arriba.

Luís (de novo un pseudónimo), mandou ao seu pai aqueixado dunha lesión na perna ao hospital de Villahermosa (Tabasco), o vello que ía cun sobriño xa nunca regresou a comunidade(e só tiña 50 anos). O sobriño non soupo dicir nada máis que “alí morreu”. Luís xa non quere mandar a súa filla (con problemas de riles) a ningún hospital que non sexa zapatista.

E unha tras outra van caéndo as historias persoais diante dos nosos ollos.

Ao final comprendemos porque a comandancia revolucionaria fala da petición dos municipios autónomos de construír un complexo hospitalario, rebelde e na selva, e asentimos coa cabeza, mentres nos esforzamos en buscar na nosa mente nomes e contactos médicos de Galicia para que apoien este proxecto...

Iván Prado, 10 de outubro de 2003.

crónica VII
anexo II

contacto: 981 58 28 36 :: pallasosenrebeldia@republicaclown.org