Crónica 10 dos Pallasos en Rebeldía dende Chiapas. Ano 2006
Ocupación campesiña
Moitas das comunidades polas que pasamos parecen saídas dunha película, lugares maxestuosos, cunha vexetación selvática , florida e exuberante. Ríos fermosos montañas iponentes, cerros chairas e incluso camiños de ontaña que recordan aos posibles viaxes de exploradores de territorios virxesconfíns por descubrir
Pero tamén moitas das comunidades son colonias cheas de pobreza e ríos contaminados, así como rúas medio asfaltadas sen canalización das augas residuais, incluso as cabeceiras comarcais parecen lugares inhóspitos con rúas destartaladas e onde reina o caos e o sálvese quen poida.
Visitamos sitios onde a luz aínda non chegara e comunidades onde os edificios institucionais teñen antena parabólica. Comunidades sen auga corrente e colonias con beirarúas, incluso nas mesmas comunidades vimos escolas oficiais con cancha de basket ao lado da escola autónoma feita de madeira e guano.
Chiapas é o paradiso dos contrates, riqueza natural ao pe da máxima pobreza económica, grandes extensións de facendas sen traballar ao carón de comunidades superpoboadas, turismo internacional facendo vida con indíxenas que só falan o seu idioma.Pero tamén é o estado das ocupacións de terras.
Varias das comunidades que visitamos: San Marcos, San Patricio, Nueva Revolución, Babilonia 3º sección, Antioquia, etc… son comunidades creadas en terreos de terratenientes, a versión latinoamericana dos nosos caciques.
Egidos que conservan os vestixios dos señores feudais que as posuían ata o 1º de Xaneiro do 94, cadno o levantamento zapatista veu acompañado dunha revolución real pola terra, un movemento aínda non extinguido de ocupación de terras fértiles que mans duns poucos.
É realmente emocionante escoltar a historias das ocupación, ou colgar a hamaca nol ugar onde antes despachaba o capataz cos obreiros agrícolas en estado de semiescravitude. Ou ver como os compas resiten as amezas dos antiguos propietarios incluso ca presión do exécito e os intentos de desaloxo.
Un dos grandes éxitos da revolta zapatista é o da ocupación masiva de terras, aínda que poucas veces se fala delas, ente outras cousas porque o estado mexicano indemnizou os anteriores propietarios legais, con sumas de diñeiro astronómicas.
O que o goberno toda vía non fixo, foi o de devolver as terras aos seus orixinais habitantes nin tampouco cumplir a consigna da revolución que deu lugar á actual república de estados mexicanos “a terra para quen a traballe” consigan feita lei e actualizada polo EZLN: a terra para quen a ocupe e a defenda.
Iván Prado