Crónica 12 dos Pallasos en Rebeldía dende Chiapas. Ano 2006
En cada viaxe coñecemos homes e mulleres do millo que representan a flor da esperazan deste movemento.
Xustamente na comunidade que leva por nome Nueva Esperanza coñecimos a unha parella de dirixentes ben singular.
Os dous xóvenes, pero moi respetados na comunidade e no municipio autónomo, só teñen un fillo, símbolo de progresía dentro do mundo indíxena. El lava os trastes e acepta que a súa muller (xoven e ben parecida) viaxe soa a outros países, o cal é unha auténtica novidade fóra dos cadros insurxentes do EZ, que levan moitos anos de adianto no tema da igualdade da muller con respecto ás comunidades bases de apoio.
Ela é un furacán, alegría en estado puro, con voz de mando e risa contaxiosa, danos uns abrazos cada vez que nos atopamos como eu non recordaba tal cousa no movemento en todos estes once anos que levo vindo a Chiapas.
Comemos e durmimos na súa casa, e a compañeira ofreceulles unha cama á única parella da nosa expedición, aínda sabendo que non estaban casados, esta muller é un encanto, que mantendo a conexión coa tradición e cos valores comunitarios ten unha mente aberta e moi capaz. É a responsable de organizar as mulleres no municipio de a Cabaña e xa leva anos constituíndo redes de organización por todas as comunidades, a súa experiencia nótaselle enseguida, directa, intelixente e moi observadora, sen lugar a dúbidas unha líder que manda obedecendo.
Despois da actuación que foi das máis exitosas da xira, con grandes momentos de xogo entre nós os pallasos, improvisando e soltándonos chistes no medio dos esquechs, falaron varios responsables da comunidade e incluso o consello do municipio deu a súa palabra e nos entregou unha carta de agradecemento.
Para rematar a visita estivemos vendo videos da Outra Campaña, cos percorridos do Delegado Cero polo territorio mexicano; é impresionante escoltar as conversas de mulleres e compas en xeral, incluídos os pequenos, debatendo sobre as palabras de marcos na pantalla. Apenas leva tres meses marcos rulando por México e xa teñen videos editados nas comunidades (que son un chingo delas) para poder seguir o día a día dun proxecto ven ilusionante e transformador como é a Outra Campaña impulsada poloEZLN.
Marchamos da comunidade con bágoas nos ollos de máis dun, sabendo que A flor da Esperanza mantense viva nestas terras.
Iván Prado