Crónica 4 dos Pallasos en Rebeldía dende Chiapas. Ano 2006
O primerio día de traballo cos promotores de educación deste sector do V
Caracol, tróuxonos futbol, un baño paradisíaco, case 8 horas de traballo e varias sorpresas.
Máis de sesenta promotores e promotoras de educación estaban agardandando pola nosa chegada, homes e mulleres que entregaron unha parcela moi importante da súa vida á comunidade e á causa zapatista.
Dende nenos de 13 anos ata pais e nais de familia que poden rír e xogar
como rapaces pero que á hora de traballar demostran unha responsabilidade
e un compromiso só explicable dentro dun proceso revolucionario.
Empezando os traballos fixemos varios xogos de coñecemento que pronto nos
regalaron varias sorpresas como o xogo da Telaraña, na que as persoas
preséntanse ao grupo lanzando un ovillo de lá mentras explican un soño na
vida, para pouco a pouco irse construindo unha rede de soños
comunitarios. E alí metidos no cento de formación escoitamos a promotores
que o seu soño era o de que sub volvese ben e pronto, ou ser piloto de
avións, ou que a revolución triunfase, ou facerse insurxentes.
Descubrimos que na serra zapatista tamén se fala galego variante chol, xa
que os compas enseguida repetían entre eles as palabras que nos
escoitaban, escachando da risa, imitando o noso acento. Finalmente
triunfou a de "ostia como pican estas formigas..."
Pero a mellor sorpresa de todas foi cando en metade dunha xuntanza de
avaliación dos obradoiros do día cos coordinadores da formación, un dos
compas, (imos porlle de nome Pedro) que é o máximo responsable de
educación do V Caracol, comenzou a explicar o proxecto en Chiapas dos
Pallasos en Rebeldía de Galicia como unha realidade xa, todos os galegos da
xuntanza empezamos lanzarnos miradas de complicidade. Parece que o camiño emprendio xa hai tempo comeza a dar froitos.
Iván Prado