Crónica 5 dos Pallasos en Rebeldía dende Chiapas. Ano 2006
Crónica de Circos e Outras Historias
Día a día vai medrando o proxecto de pallasos en rebeldía de Galicia no
seo da revolta indíxena.
En 1995 cheguei a Chiapas para participar na inauguración dos
Augasquentes e naquel momento sentía que o meu camiño vital estaría
sempre ligado a esta revolución indíxena, pero a verdade é que co
exército pisándonos os talóns e as comunidades zapatistas inmersas no
proceso de defensa armada do seu territorio, non atopaba xeito de
acoplarme a un movemento clandestino cunha forma de vida tan diferente á
que eu coñecía.
No 96 realicei unha viaxe para pór en marcha un proxecto de cooperación
coa Comunidade da Realidade e entrevistarme coa comandancia. Pero era o
mometo de romper o diálogo co Goberno por incumprir os acordos de San
Andrés, así que frustradas as nosas intencións e con certa crise no corpo
marchamos para casa coas mans baleiras. Voltamos en 1998 despois da
Matanza de Acteal nunha iniciativa da que teremos que falar de vagar
algún día: a comisión civil de DDHH, na que intregaba con sete compañeiros máis
a Coordinadora Internacional da mesma. Unha viaxe durísima
Logo virían máis viaxes e traballos pero ata a Marcha da Cor da Terra no
2001 no fun capaz de reconcialiarme con esta revolución que tiña tempo
indíxena e estratexias indescifrables.
Foi na zona norte, no ano 2001, actuando no caracol V "Que fala para todos" e
dando talleres para os promotores de educación da terceira xeración; logo
viñeron xiras de actuacións e pequenas obradoiros de xogos polas
comunidades dos municipios autónomos do Traballo, Ti`Colenja, Venustiano
Carranza, Tila.., días nos que comezamos a coñecer o funcionamno dos Caracois,
a nova estructura organizativa da que se dotaran os municipios en
resistencia para construír a autonomía.
Hoxe estamos dando formación en técnicas de pallasos malabares e xogos
cooperativos, aplicadas á pedagoxía, pero sobre todo estamos sedimentando
a futura Escola de Novo Circo.
Despois de tres días de pallasadas os plans da escola dispáraronse: de
setembro a decembro volveremos a Chipas para participar na creación da 5ª
xeración de promotores de educación e no curso de reciclaxe dos
promotores existentes pero ademais coñeceremos ao grupo de compas que xa
terán decidido, para daquelas, baixo acordo da súa comunidade entrarlle a
ser pallasos.
Para daquelas unha nova aventura zapatista erguerá o voo destino ao
planeta dos cómicos, dos cómicos con pasamontañas e paliacates, dos
bufóns que apostan o seu pescozo por rirse do monarca, dos pallasos que
empreñan un nariz vermello como arma contra as inxustizas.
Iván Prado