Paxinas Amigas
inicio
Galego
Castellano
  crónicas --> crónicas dende -->Chiapas --> 2006

Crónica 7 dos Pallasos en Rebeldía dende Chiapas. Ano 2006

A semente de Marcos

Puxémos en marcha, a xira comenzou cunha partida tempraneira e despedidas indíxenas, abrazos a medio camiño e boces baixas que prometen novos encontros. Pero a emoción sempre resguardada do ollo alleo, así só eles poden entegar a súa vida a unha causa sen alardear nin o máis mínimo, poden emocionarse ata o infinito sin que un só priegue da cara o aununcie.

Chegamos ben cedo a Shoctic para empezar cos traballos de pallasos na escoliña autónoma, pero esta semana é festiva para eles, polo que non atopamos a marabunta de nenos e nenas zapatistas que como noutras veces nos acompañan dende que chegamos ata que caen rendidos na noite; no fondo agradecemos ese pequeño respiro, sobre todo eu, que arrastro unha afonía que ameza con facerse crónica durante a xira.

Eu son desas persoas que soportan fatal as enfermidades, sobre todo cando está no medio dun proxecto importante que require de toda a miña fortaleza e concentración, así que cada vez que perdo a voz por un mal uso da voz, entro nun estado de desánimo e cabreo que non me podo permitir, moito menos cando visitamos as comunidades en resitencia e que levan tempo esperando a que chegue a caravana de pallasos.

Así que o día foi transcurrindo con bastante tranquilidade ata o momento da actuación, a nosa primeira función completa en xira. Nervos, presas de última hora e os preparativos finais que sempre faltan, pero o lugar onde actuamos foise lentamente enchendo de compas e non compas, máis de 200 perosas estaban vendo o espectáculo cando a noite nos alcanzou en metade dos números de maxia zapatista.

Moitas risas e aplausos, e cara de satisfacción entre os promotores de educación e as autoriades da comunidade. Pechamos o espectáculo cun número espectacular de lume que sustentamos na canción de Todos de Macaco, pensando que a xornada do día xa remtara cando os formadores tomaron o micro e derón o discurso político máis hermoso que nunca lle escoitara a un indíxena da zona norte.

Poesía e denuncia brotaron daqueles homes indios, versións de Galeano e Marcos, mixturadas con pensamento maia, onde ata as lecturas de Marx saían a pasear no seu discurso circular onde o principio era remate e o final un inico que se camiñaba só.

Sorpresa e admiración invadiunos por igual ao escoitar da voz de homes de vinte anos, que non recibiron máis formación do estado que a da primaria, denunciando ao capital e explicando a lota zapatista dende a cosmovisión maia foi o mellor prólogo posible para esta xira da resistencia que acabamos de iniciar.

Iván Prado

crónica VIII
crónica XII
crónica chilanga 1
crónica chilanga 2
crónica chilanga 3