Paxinas Amigas
inicio
Galego
Castellano
 
crónicas --> Chiapas 2008
Chiapas
  <-voltar

CRÓNICA II. V CARAVANA DE PALLASOS EN REBELDÍA E II CARAVANA DE SOYAPOS EN BERELDÍA AS COMUNIDADES ZAPATISTAS DE CHIAPAS

Os cortes de luz gubernamentais non impediron nin por un minuto romper a forza do primerio día.

A xunta de bon goberno recíbenos con toda a confianza posible, na xuntanza escoitanse nomes, vense rostros e sobre todo moita risa, estamos en casa e entre amigos, así é que todolos planes previstos se levan a cabo, dous dias de ensaios e logo a xira.

O grupo de soyapas en bereldía nos primeiros momentos recíbenos con cariño pero tamén con certa timidez; é a súa forma de camiñar. De seguro que pasarán os 10 días de xira rindo, cantando con nós, gastándonos bromas ás veces en chol para que non os entendamos, pero sen parar en ningún momento de entregarnos alegría. Hoxe toca timidez e silencios incómodos.....

Comezamos os ensayos. Todo son nervios e alegrías, lembar os números de clown non é facil pero esta xente é currante de veras. Empezamos os ensaios ás 7 da mañá logo de termos comido, seguimos ata a unha, cando toca baño e xantar. Pola tarde outra quenda, incluso pola noite baixo a luz dos faros e no medio da cacha conseguimos manternos nos zancos. É impresionante ver a forza de vontade dos compas. A verdade é que temos un equipo incrible.

Durante o primerio día dábanse cortes de luz de 3 a 5 min, durante case dúas horas. É o xeito do mal goberno de lembralle á comunidades en resistencia que seguen baixo unha guerra de baixa intensidade.

Así nolo platican os compas cos que falamos, dos que algúns son incluso insurgentes que polo baixo nos din que antes eran exército.

As historias da resistencia zapatista son infinitas, pero hoxe estamos a vivir unha delas, realmente fermosa, a de resistir a este xenocidio silencioso coa forza da risa e a palabra do pallaso.

A nova compañía de pallasos zapatistas está chea de artistas. Temos o mellor acróbata do mundo, ao telepredicador máis cómico que nunca coñecín (unha versión clwon de cristo hombre) ao malabarista que faria os soños de calquera director de circo e a dous clowns que superan toadas as miñas espectativas.

De seguro esta xira cambiará moitas cousas na vida destes 5 cabaleiros andantes, pero moito máis nas nosas. Estar aquí hoxe nesta caravana e ver cumprido o soño de deixar a semente dos pallasos en rebeldía en Chiapas.


contacto: 981 58 28 36 :: pallasosenrebeldia@republicaclown.org