Paxinas Amigas
inicio
Galego
Castellano
 
crónicas --> Chiapas 2008
Chiapas
  <-voltar

CRÓNICA IV. V CARAVANA DE PALLASOS EN REBELDÍA E II CARAVANA DE SOYAPOS EN BERELDÍA AS COMUNIDADES ZAPATISTAS DE CHIAPAS

Tres son as comunidades que visitamos por este rumbo, comunidades ailladas da estrada, da luz e do resto do mundo por obra e gracia do neoliberalismo, horas de subidas infernais incomunícanos das cabeceiras comarcais, onde se pechan acordos, se asinan documentos que os condenan ao esquecemento, globalización demoledora de paisaxes e culturas.

Nestas serras fraguouse, sen lugar a dúbidas, boa parte da revolta zapatista, comunidades que tomaron terras, líderes perseguidos e ocultados, guerrilla que atopa no inabarcable do territorio o seu acubillo máis seguro, e é aquí onde os pallasos en rebeldia e a súa contraparte zapatista do soyapas en bereldía fan o seu labor de terrorismo lúdico.

A chegada ás comunidades adoita ser sempre espectacular ou pola fermosura do entorno ou polo recibimento da xente, sobre todo dos nenos e as nenas zapatistas.

Lokonuk non deixa de facer as suas trasnadas cos pequenos da comunidade. Entre todos facemos xogos, cancións que animan a grandes a pequenos, incluso nunha das comunidades sacamos aos responsables da comunidades e pais de familia a xogar ao dragón que perseguia as colas doutros dragóns. Alí acabamos todos polo chan chorando coa risa.

As actuacións acostuman a ser espectaculares pero a verdade é que, a partir da terceira, o éxito en gargalladas é sumamente palpable.

Nesta última tócanos partido de fútbol, asi que nun campo que parece de minas en vez de xogos, facemos un partido interxeracional e mixto, moitas patadas poucos goles. A miña última roupa limpa remata completamente sudada e o calzado de reposto rebentado, mais non importa vendo a cara de ledicia dos pequenos de poder xogar cos pallasos.

É hora de volver á civilización, así que corremos cerro arriba e cerro abaixo, guiados por un compa que se presenta como miliciano zapatista e que en tempo récord fai que un camiño de 3 horas o fagamos parte do grupo en hora e media. Polo camiño confesa a súa filiación máxica e interésase polos xogos que me viu facer durante o día. A verdade é que esta xente nunca deixa de me sorprender, en medio dunha carreira maratoniana, atópome cun aprendiz de mago. O caso sería saber que entenden aquí por maxia.

Chegamos a Sabanilla, vila caciquil e completamente chiol, ainda que o idioma oficial é castelán, mentras esperamos que o corazón se repoña e alguén vaia mercar auga e froita descubro q as miñas novas e flamantes botas de montaña están completamente desfeitas, total, que en menos de 12 horas quedei descalzo.

Malo será que nesta terra máxica non atope outro calzado, en todo caso lembro as palabras de Marcos, os zapatistas imos calzados con botas revestidas de democracia e dignidade, e así me sinto eu hoxe.

 


contacto: 981 58 28 36 :: pallasosenrebeldia@republicaclown.org