Paxinas Amigas
inicio
Galego
Castellano
 
crónicas --> Chiapas 2008
Chiapas
  <-voltar

CRÓNICA VI. V CARAVANA DE PALLASOS EN REBELDÍA E II CARAVANA DE SOYAPOS EN BERELDÍA AS COMUNIDADES ZAPATISTAS DE CHIAPAS

Don Pancho é o patriarca da familia que nos acolle e tamén o iniciador da loita nesta comunidade. Non direi o nome da comunidade para salvagardar o anonimato. Nesta revolta sen rostro todas as identidades son parte do soño colectivo. Pode incluso que Don Pancho sexa o nome da clandestinidade.

Ímolo visitar á sua carpintería. Está deitado na hamaca desde hai dous meses cando caeu desde a casa na que estaba a retellar. Pelo canoso, bigote zapatista da vella guarda.

Neste home conflúen as catro xeracións do zapatismo, o vello e o novo. O seu pai morreu na Guerra de Zapata e Villa. El foi o primeiro en entrarlle a organización na sua aldea. O seu fillo é promotor de educación e o seu neto formouse na guerilla. Hoxe é un miliciano que esconde o seu fusil na funda dunha guitarra.

Visitámolo por petición da súa muller que estivo vendo a nosa función e nela convertiuse na miña avoa accidental.

O home non fala español, así que un dos nosos compañeiros choles fainos de tradutor, ensínanos o pé destrozado e cóntanos que leva dous meses tirado na hamaca. Improvisamos unha diagnose de ruptura. Sabih, ademais de xogador profesional de fútbol, estudou veterinaria, e aínda que soe a chiste, é o primeiro medico que visita a Don Pancho, total que lle damos un par de consellos e empezamos coa nosa mini actuación de música e maxia. Cando menos, durante un anaco, os pallasos en rebeldía, convírtense en pallasos de hospital zapatista.

Marchamos para casa onde durmimos, baixo a atenta vixilancia dos Paz e Xustiza da comunidade, os paramilitares que fundou o pri e o exército mexicano e que hoxe volveu reactivarse coa chegada de Felipe Caldero ao goberno.

Eu non podo deixar de asombrarme da fortaleza máxica deste movemento.
Como faría este home para pertencer a unha organización clandestina armada e pobre como foi o EZLN nos seus inicios (hoxe só cambiou o da clandestinidade), se daquela nin estradas nin redilas había, só camiños secretos e días de camiñatas con pozol e tostada no morral.

Para asistir a unha xuntanza, estamos falando dun Estado mais grande que Galicia, salpicado de cerros e montañas e que hai 25 anos estaba como a Galicia de primeiros de século. Ainda así milleiros de persoas estaban organizadas en centos de comunidades rurais, unidas por un mesmo pensamento, o de loitar por un novo mundo.

As historias que escoitamos por boca do bizneto guerrilleiro dese primeiro loitador zapatista, véñennos confirmar a xustiza desta loita e convócannos a mobilizar a nosa conciencia e a xente para conseguir que a victoria non se nos volva escorrer entre os dedos e os políticos arribistas de última hora q traicionan aos mortos e aos vivos.

Zapata cabalga de novo no sureste mexicano, pero desta volta cara a liberdade.....

 


contacto: 981 58 28 36 :: pallasosenrebeldia@republicaclown.org