|
| crónica XI |
Crónica fantasma.-en clave galega sen tres por cento-
Quedan poucos días para que regrese a casa, a nova casa: Barcelona, unha cidade cosmopolita, europea e rebelde e, mentres escribo isto, decátome de que nunca dixen nada do porque deste exilio interior e voluntario. (+)
|
| crónica IX |
De cando un río se converte en mar
Joljá é un lugar de encontros e despedidas, lugar onde o mar de nubes se topa cun outeiro interminable no que o sol ten que pedir permiso para pasar por riba das impoñentes montañas e onde ata as augas do caudaloso río Ñopa choran ao se despediren das verdes e amorosas penas da ribeira máxica que as abraza. (+)
|
| crónica VII |
Traballar con rapaces e rapazas de 12 anos en territorio zapatista non ten nada que ver con facelo na Galicia post-Fraga. Se nos Campactiva -colonias para rapazada sen recursos económicos nin sociais que facemos en Coperactiva Cultural... (+)
|
|
O ZAPATISMO ATRAVESOU A MIÑA VIDA, FIXO DE RIZOMA E DE METÁFORA
Hai trece anos un aspirante a teatreiro que se instalará en Madrid no seu primeiro exilio voluntario despois dun naufraxio radical no sindicalismo galego de pseudoclase chegou á realidade chiapaneca zapatista e indíxena. E fíxoo dobremente, porque así se chamaba a primeira comunidade que coñecín. (+)
|
| crónica III |
DIAPOSITIVAS DUNHA VIAXE SEN LEVANTARME DA CADEIRA
Dedicado ás compañeiras e compañeiros apaleados, gaseados e detidos inxustamente polas forzas do criminal gobernador de Oaxaca nunha concentración pacífica a favor das vítimas inocentes de Gaza e contra o xenocidio perpetrado sistemáticamente por Israel. (+)
|
|
CRÓNICA CERO, OU A DENUNCIA VIVA CONTRA AS MORTES DOS "MALGOBERNOS"
Un día antes de saír de Barcelona dirección a Chiapas, agarro o xornal para gozar dun dominical almorzo na praza do Diamant. A portada xa non me deixa seguir: Israel, una vez máis, convértese na maquinaria de terror e xenocidio que nos recorda que a humanidade, como tal, segue en perigo. (+)
|
|
|
| crónica X |
De sombras e reflexos
A resistencia é moi dura.
Gustaríame facer un pequeno dicionario de palabras urxentes con tenrura. Urxentes, porque é agora e aquí, no intre en que a vida se reflicte sobre manto de sufrimento e beleza e as palabras erguen o voo sen filtros intelectuais nin listas de espera. (+)
|
| crónica VIII |
Son as 12 da noite. Estamos físicamente derrotados e levamos 18 horas de actividade ininterrompida, fin de festa, peche de campamento, mostra final…, chamémoslle como lle chamemos foi esgotador, pero, iso si, máis gratificante imposible. (+)
|
| crónica VI |
CERROS SAGRADOS E RESISTENCIAS SUBTERRÁNEAS
Onte foi un día realmente distinto e máxico para nós, máxico con toda seguridade, porque da man dun home extraordinario, fillo dun lexendario loitador polos dereitos dos indios (como a súa mai) que na época de Lázaro Cárdenas, entrenou aos futuros combatientes do revolucionario barco cubano Gramma, planeou co xeneral Sandino... (+)
|
| crónica IV |
2ª PARTE DUNHA VIAXE SEN LEVANTARME DA CADEIRA
Dedicado ás mulleres zapatistas de México, que baixo o meu prisma son as insurxentes, as violadas de Atenco, as presas de Oaxaca, as bases de apoio, as mulleres da rúa organizadas, as nenas Lupita e Toñita e, por suposto, todas as comandantes Hortensias do EZLN, entre outras… (+)
|
|
DENDE OVENTIC: 15 ANOS DE RESISTENCIA ZAPATISTA
Oventic, o segundo Caracol, é posiblemente o máis impactante de todos os centros neurálxicos do neozapatismo. Construido sobre unha loma de radical pendente, ten unha chea de edificacións rebeldes que se distribúen ao redor da carretera central... (+)
|
|