Paxinas Amigas
inicio
Galego
Castellano
 
crónicas --> Chiapas 2010
crónica I

De camaróns e resistencias

A costa pacífica de Chiapas é unha das xoias deste país: estuarios, manglares, praias de eternas postas de sol, deliciosos manxares do campo e do mar. Un paraíso.

Un paraíso onde as desigualdades, os atropelos de mal goberno e a decadencia do sistema de mercado levaron a moitas familias a organizarse en comunidades en resistencia.

Chego un 24 de decembro a un lugar onde o mar e o ceo se dan a man, para pasar os dous días de espera antes de que chegue o resto da caravana. (+)

 

crónica III

É a duodécima caravana que organizo e nunca vivira esta situación.

Viaxo cun billete trucho que me vende de estraperlo unha axencia mexicana. Non tes dereito nin a respirar, só sobes se hai sitio e se o avión voa. (+)

 

crónica II

Palenque, ano 0. Unha civilización maia desaparece e outra chea de odio, temor e complexos okupa a selva, os chairos, os ollos de auga, as fervenzas; chegou o castelán, con arcabuz; o tribunal da máis que Santa Inquisición e os seus cans que se montan. O que non saben estes malos aprendices de Atila é que entre a foresta e a casa do xaguar dormen o sono dos séculos restos dunha cultura capaz de competir en edificacións coas máis belas catedrais europeas, non solo dese momento senón tamén de séculos vindeiros. (+)

crónica IV

Ao meu lado un dos máis antigos campamentistas que coñecín: o Pelochurro. En fronte, tres relatores impoñentes que pouco a pouco desenvolven un pensamento crítico e lentamente as paredes do auditorio da universidade da terra esvaécense e do Seminario Internacional de reflexión e análise, en San Cristóbal de las Casas, só vai quedando un rumor na miña cabeza... (+)