COMUNICADO 1 DENDE PALESTINA
A Comunidade da Palabra
Entre o mar e o deserto, na rexión da pobreza e as fortunas, un pobo camiña, baixo as bombas e as inxustizas, o traxecto que transforma a esperanza e a palabra en futuro...
Chegar a Palestina , por avión, é como entrar nunha especie de estudio de gravación de Gran hermano e Blade runner. Unha maleta abandonada 30 seg. no sacro santo espacio terreal do aeroporto Tel- aviv, e catorce maniqueas convértense en actores dunha acción policial, dificilmente asimilables para un europeo de nova fornada. Pero estamos no estado de sitio israelí, no estado deseñado para os xudeus amigos de poder, das armas e do diñeiro, lamentablemente esto non é un filme, esto é Palestina.
O día da nosa chegada agardábanos unha personaxe, como saída dalgunha novela de Pepe Carballo, que responde ao nome de Khalil e que será o noso guía case espiritual durante a nosa estadía no país de nunca xamais. khalil é un palestino nado en Madrid e seguidor do Real, que como moitos outros atenderon á chamada de serea dos acordos de Oslo, crendo que o conflicto estaba para a súa resolución.
Pero voltou ao país dos seus antepasados para atoparse, seis anos despois, negociando nos Check points a entrada de ONG's e equipos de televisión nas zonas ocupadas antes de que o toque de queda se faga definitivo.
Coma el atópase toda unha comunidade que para na estrada para subir ao coche a unha anciá, ou que conversa, ou se saúda, se bica e se toca en calquera
semáforo , esquina ou lugar, un pobo que fai da palabra a ponte que transitar cara un futuro novo, menos violento e egoísta, e, coma todos, pregúntase como é posible que o novo holocausto o provoquen os mesmos que o padeceron cincuenta anos atrás.
O conflicto de Palestina, non é só o conflicto dun pobo de tres millóns de persoas, é a loita da razón contra o poder do máis forte, é a confrontación entre os dereitos históricos dun pobo contra a capacidade de destrucción tecnolóxica e militar ao servicio do diñeiro.
Hoxe, xerusalén é a metáfora do conflicto palestino-israelí, unha cidade
imprescindible para a historia das tres grandes relixións , reducida a expresión do control e apartheid exercido polos revanchistas xudeus que non teñen ningún reparo en trasladar o gueto de Varsovia ao centro histórico máis significativo da cultura universal.
Hoxe os perseguidos falan árabe e a voz que se agocha baixo os cascos e tras as baionetas, outrora alemán, hoxe sona a hebreo.
Pero de seguro que a palabra dos débiles vencerá os muros das inxustizas para que a historia, que é un mar, alcance as praias da liberdade.
Palestina coa súa palabra vencerá
Iván Prado, luns 29 de xullo de 2002