COMUNICADO 3 DENDE PALESTINA
En Korbak hai unha esperanza
Tras ter que cambiar todos os plans de obradoiros para os monitores e os rapazes dos campos de paz en Ramallah, Gemma, unha madrileña activa e dinámica, da Asemblea de Cooperación para a paz, buscou outra vila na que actuar, e tamén gracias a Esperanza, unha palestina-colombiana, inmersa no proceso de dinamización cultural e emocional de Kubak foi posible actuar neste lugar.
Na vila na que naceu BARGHUTI, actuamos baixo as ruínas dunha edificación abandonada, metáfora do presente e o futuro palestino, para douscentos palestinos que sen alcanzar os trece anos xa coñecen os licores do odio.
Esperanza explicábanos que hoxe por hoxe os nenos querían escapar a outros países, e de seguro que a nosa presencia lles axudaba a esquecerse da súa realidade diaria, porque para eles era unha fiestra a outro mundo, un mundo con futuro. Así o puidemos comprobar cando un neno se achegou a min e pediume que o levara a España. Antes, outro dixérame con voz rancorosa e a través do intérprete: Ariel Sharon está exterminando ao pobo palestino, e os países europeos no fan nada.
Por fin, este neno comprendeu, a través do discurso que encerran sempre as nosas actuacións, que non están sós, que vimos de moitas partes do mundo para demostrarlle ao pobo palestino que non está con el , e que a súa causa é xusta.
Pola tarde Esperanza acolleunos na súa casa para demostrarnos coas súas palabras que aínda hai futuro en Palestina “ Yo tengo pasaporte colombiano, pero no hago uso del porque soy palestina y quiero vivir los problemas de nuestro pueblo, porque los que estos cabrones no entienden es que el sentimiento palestino no se acaba ni con hambre ni con tanques, llevo seis meses sin trabajo, estoy jodida ,pero ahora me dedico a construir cometas con los niños”
Iván Prado, martes 30 de xullo de 2002