COMUNICADO 4 DENDE PALESTINA
Hebrón a nosa mellor función
Martes, 30 de xullo de 2002, día de resposta violenta ao sanguinario facer do novo Hitler do 2002, Ariel Saharón. Actuamos nos arrabaldes de Hebrón, cidade asediada e baixo o toque de queda, eso significa que os nenos do centro da Media Lúa Vermella tiveron que saír a escondidas ou facer camiñadas de varios Quilómetros para poder ozar dun campamento de paz no que evadirse desta guerra de canóns e pedra..
Por fin, despois de atravesar chek points, cemento e militares xudeus, chegamos cun atraso dunha hora ao Centro da Media Lúa , onde nos esperaban douscentos nenos e nenas, algúns con minusvalías psíquicas, pero cunha ilusión desbordante que fixo que interrompéramos varias veces o espectáculo.
Despois de cincuenta minutos de risa e berros palestinos, eu, no nome de toda a caravana, e gracias a un intérprete e un monitor dos centros, pedinlles que colaborasen con nós para pechar o espectáculo. Expliqueilles que debido ao sorpresivo, pero, sobre todo, abusivo e arbitrario toque de queda de Ramallah non tiñamos equipo de música, xa que quedara (como o resto da poboación) secuestrado alí, daquela precisabamos que cantaran para nós mentres facíamos un número de acrobacias con Mikio,de seguido os nenos e as nenas comezaron a cantar unha canción titulada “ O pobo palestino non é terrorista”.
Cando rematamos o espectáculo despois de simular, coa participación de todo o público, o envío dun foguete á lúa para que os pobos do mundo saiban que Palestina vencerá, todos os nenos querían abrazarnos e subir ao noso colo.
Un rapaz duns catorce anos achegouse e agradeceunos en francés a nosa presencia. Segundo el, a presión que sufrían a diario non lles permitía gozar do espectáculo, pero que recibira de corazón a mensaxe de solidariedade , xa que eran moitas as veces que pensaban que estaban sos ante o xenocidio que padecían.
Nese momento recordei as palabras da meu avó cando me falaba da sensación de frustración que padecían os republicanos na guerra civil ante a pasividade da comunidade internacional.
De volta á Xerusalén, unha vez máis, mulleres e nenos aproveitaron a nosa camioneta para chegar ao centro, a nosa camioneta leva internacionais e as siglas t.v., por unha vez a t.v. serviu para algo.
Iván Prado, mércores 31 de xullo de 2002