Páginas Amigas
inicio
Galego
acciones
 
Acciones--> Gala Libertade de Expresión--> los acontecimientos
GALA POLA LIBERTADE DE EXPRESIÓN.
En apoio a Leo Bassi e o Teatro Alfil
los acontecimientos
crónica de la gala
agradecimiento del Alfil
cartel y convocatoria
imágenes
 

GALA POLA LIBERTADE DE EXPRESIÓN.
En apoio a Leo Bassi e o Teatro Alfil

Pallasos en Rebedía e o Festiclown, coa colaboración da sala Yago e a Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Santiago de Compostela e o apoio da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia e da Asociación Galega de Axuda ao Pobo Saharauí, organizou este acto de repulsa aos brutais ataques fascistas que Leo Bassi e o teatro Alfil estaban a padecer.

A obra de Leo Bassi La Revelación é obxecto dunha campaña de desprestixio e ataques violentos a cargo de fanáticos da ultradereita católica españolista, chegando incluso a atentar cun artefacto, colocado preto do camerino deste actor cómico no teatro Alfil.

Desde o Festiclown, pensamos que o teatro galego debía sumarse aos diferentes actos de protesta e solidariedade que se estaban a facer no resto do estado, xa que non podemos permitir que estes “camisas negras” censuren e atenten contra o traballo creativo e comprometido da nosa profesión.

Asemade, o Festiclown síntese orgulloso de contar con Leo Bassi como un dos seus padriños, que desde o principio prestouse a apoiar a proxección do clown no noso país, colaborando co festival, incluso, nunha xira de denuncia contra o Prestige por concellos galegos e sumándose ás nosas campañas de apoio a Palestina e de repulsa polo asasinato en Xénova de Carlo Giuliani.

Por todo isto convidamos a toda a cidadanía a participar nunha velada teatral de apoio a Leo Bassi e ao Teatro Alfil: “CONTRA A INQUISICIÓN CULTURAL” , nun acto que contou coas actuacións de Bacana, Pajarito, Mofa e Befa, Antón Lopo, Serxio Pazos, Cándido Pazó, Yoni Mediogramo, Pablo Trasno e Os 7 Magníficos + 1.

Cos cartos recadados da venta de entradas, a un prezo simbólico, decidiuse crear un fondo solidario que iría destinado aos campamentos de refuxiados saharauís en Arxelia, que recentemente sufriran unhas gravísimas inundacións que desmantelaron o 60% das edificacións.

Con este acto, Pallasos en Rebeldía levantou a súa voz por primeira vez ante a sociedade para berrar colectivamente sobre as táboas un NUNCA MÁIS ao fascismo cultural.


contacto: 981 58 28 36 :: pallasosenrebeldia@republicaclown.org