GALA SOLIDARIA CON PALESTINA
Mércores 2 de agosto. 22.00 h. Teatro Principal
Despois de enviar unha delegación de pallasos do Festiclown a Palestina no 2002, e ante a terrorífica situación que teñen que soportar o pobo e a causa palestina, o Festiclown Compostela 2006 convocou esta gala para solidarizarse unha vez máis con eles.
O Teatro Principal de Compostela acolleu este acto durante o que se sucederon sobre o escenario varios artistas participantes na sección formativa e na Mostra Internacional do Festiclown Compostela 2006, presentados por Paula Carballeira: Leo Bassi, Jango EDwars e Peter Ercolano, Jesús Jara, Mefa e Befa e Pablo Trasno. Sumáronse coa súa participación solidaria á demanda do cese da violencia nos territorios ocupados polo Estado de Israel, a paz en Oriente Medio e o recoñecemento dos dereitos do pobo palestino. Asemade a totalidade do recaudado pola entrada decidiuse destinar a un proxecto de caracter terapéutico nos territorios ocupados.