Páginas Amigas
inicio
Galego
acciones
 
acciones --> Gala Solidaria con Palestina --> crónica de la gala

GALA SOLIDARIA CON PALESTINA


los acontecimientos
crónica de la gala
cartel y convocatoria
imágenes
  <-- volver

Un Teatro Abarrotado de Solidariedade

A Gala de apoio á causa palestina organizada polo Festiclown 2006 logrou a maior recaudación posible, completando o aforo do Teatro Principal. As filas de xente agardando por facerse cunha entrada ás portas do teatro desde primeira hora da tarde, fan pensar que tanto o apartado social do Festiclown como esta Gala pola dignidade Palestina son imprescindibéiss.

O Festiclown fixo entrega Naha Nassar, presidenta da Unión de Comités de Mulleres Palestinas (UPWC) dos 2400 euros recadados na Gala . A solidariedade do público do festival contribuirá aos proxectos desta organización que desde 1981 loita nos Territorios Ocupados en contra da ocupación ilegal Israelí e por mellorar a situación das mulleres palestinas, ás que o paro, a pobreza golpean máis duro e que a miúdo se atopan soas á fronte de toda a familia.

O pulso e o corazón do público da Gala vibrou durante dúas horas e ata na última hora de espectáculo artistas do nivel de Jango Edwars e Peter Ercolano solicitaron poder participar. Durante o acto sucedéronse sobre o escenario artistas participantes na sección formativa e na Mostra Internacional do Festiclown Compostela 2006, presentados por Paula Carballeira: Leo Bassi, Jango Edwards e Peter Ercolano, Pablo Trasno , Burla e Befa e Jesús Jara. Con este espectáculo procurouse conseguir fraternidad, loitar contra o genocidio e o silencio impune e achegar os pobos a través da cultura, da risa e dos narices colorados.


contacto: 981 58 28 36 :: pallasosenrebeldia@republicaclown.org