Páginas Amigas
inicio
Galego
acciones
 
campañas --> Chiapas --> caravanas a Chiapas

Caravanas de Pallasos a Chiapas

O Estado do Sur de México chamado Chiapas, ven sendo a referencia mundial desde o 1994 da maior aventura da historia recente do movemento indíxena en rebeldía, destinada a superar os séculos de marxinalidade, de represión e marxinación que este suxeito histórico padece desde os negros anos da conquista e o xenocido europeo. Nese mesmo ano, o zapatismo converteu Chiapas nun referente da loita antiglobalización e a nova esquerda mundiais.

O movemento indíxena en rebeldía, e a sociedade civil mexicana e internacional traballan arreo no desenvolvemento dun modelo autónomo de sociedade e goberno indíxena que palie a tan denostada e vexatoria realidade que padecen os povos indios na rexión máis pobre de Centroamérica, cunha poboación en risco, que sofre a falta de medicinas, de dereiro á terra e ao traballo e que vive o día a día cargado de terror pola impunidade coa que actúan os grupos paramilitares financiados pola oligarquía.

Desde Galicia, ao abeiro do Festiclown e coa colaboración da compañía Os 7 Magníficos + 1, lévanse posto en marcha dende o ano 2003 varias campañas nos municipios zapatistas de Chiapas nas que se mesturan a solidariedade humana, a cooperación internacional e o papel socioterapéutico do Clown.

As Caravanas que partiron de Galicia cargadas de esperanza e pallasadas van deixando ao seu paso un traballo de dinamización cultural que, máis pronto que tarde, fará realidade a creación dunha Escola de Pallasos da Selva Lacandona, que se convirta nun apoio permanente para avanzar na construcción da súa autonomía e mellorar as súas condicións de vida.

Para iso, *s membr*s das Caravanas, intégranse nas comunidades en rebeldía e actúan para *s compas con versións zapatistas de espectáculos que, adaptados á realidade indíxena, tentan ilustrar a loita zapatista e a crítica ao goberno mexicano en clave de clown e humor.

No seu percorrido traballan en esterita colaboración c*s promotor*s, cargos de coordinación creados polo zapatismo que as comunidades elixen democráticamente entre os seus membros. *s promotor*s, así como *s nen*s zapatistas reciben da Caravana unha formación específica que vai dende as técnicas teatrais e de clown, os malabares, ata a educación popular e os xogos cooperativos.

Esta é a contribución de Pallasos en Rebeldía e do Festiclown á causa zapatista. Seguindo o camiño emprendido xa hai tempo, o proxecto pretende fomentar o teatro como expresión da cultura dos pobos indíxenas e a creación de obras impulsadas por promotores locais e así, dar lugar á que sería a primeira compañía de pallasos indíxenas.


contacto: 981 58 28 36 :: pallasosenrebeldia@republicaclown.org