Paxinas Amigas
inicio
Galego
Castellano
 
proyectos --> escuela payasos indígenas en Chiapas
Escuela de Payasos
Indígenas en Chiapas
el proyecto
imágenes

Globalizando a esperanza: a escola de formación de pallasos indíxenas en Chiapas

Os participantes das caravanas de Pallas*s do Festiclown aos Municipios Autónomos de Chiapas realizadas dende o ano 2003, en colaboración coa compañía Os 7 Magníficos + 1, integráronse nas comunidades zapatistas, actuaron para as comunidades e realizaron obradoiros para os promotores locais de educación, así como para os nenos e nenas zapatistas. Froito deste traballo man a man d*s pallas*s galeg*s c*s zapatistas xurdiu o proxecto de creación dunha escola de pallasos indíxenas.

Durante a Carvana realizada o pasado mes de agosto do 2005, a iniciativa foi apoiada formalemente polo goberno das comunidades coa sinatura dun acordo coa Junta del Buen Gobierno do V Caracol Zapatista (o Caracol que Fala para Tod*s ) no que se recolle o compromiso de Pallasos en Rebeldía de avanzar na construcción da escola e continuar coa labor de formación nas técnicas teatrais.

Dende a cración de Pallasos en Rebeldía, foron formadas 80 persoas que no 2007 iniciaranse no eido das acrobacias. Na escola de pallasos indíxena trabállase co ritmo zapatista e co galego en talleres de clown, malabares, e en coñecementos de educación popular e de actividades cooperativas.

A escola aspira a convertirse nun apoio permanente para avanzar na construcción da autonomía e mellorar as condicións de vida das comunidades zapatistas. Como fin último, este proxecto pretende fomentar o teatro como instrumento de expresión da cultura dos pobos indíxenas e a creación de obras impulsadas por promotores locais e así, dar lugar algún día á que sería a primeira compañía de pallasos indíxenas.