Pallasos en Rebeldía. Globalizando a esperanza
Pallasos en Rebeldía é un espazo do teatro galego, vencellado ao Festiclown, que traballa na cooperación internacional a través do riso. Esta entidade, que se creou en Chiapas no ano 2004 durante unha visita ás fervenzas do río Bascán no contexto da II Caravana de Pallasos aos Municipios Autónomos de Chiapas, permite ás artes e ao teatro galegos expresar a súa rebeldía en unión directa con proxectos de fraternidade humanitaria.
Neste novo século que vimos de inaugurar recentemente o pallaso ou clown segue a desempeñar un papel protector dos valores sociais máis humanos dentro das estructuras artísticas: a crítica social, o dereito ao riso dos máis desfavorecidos, a superación dos nosos complexos mediante a cura da garagllada son algunhas das aportacións imprescidibles que esta expresión teatral verte a diario en calquera recuncho do noso planeta.
-----------------------------------------------
Pallasos en Rebeldía no Primeiro Festival Mundial da Digna Rabia
O colectivo galego Pallasos en Rebeldía están a participar no Priemeiro Festival Mundial da Digna Rabia convocado polo EZLN que se está a celebrar en México dende o 26 de decembro ata o 5 de xaneiro. Despois de celebrar os 15 anos de resistencia zapatista, a dita asociación impartirá formación durante dez días a novos equipos de pallasos zapatistas dos municipios do V Caracol, Roberto Barrios e iniciará unha nova xira de actuacións por comunidades zapatistas.
Clica aquí para ler as crónicas enviadas por Iván Prado
|