O espazo pallasosenrebeldia.org bótase a andar
Despois da experiencia de anos traballando no ámbito da cooperación internacional a través do riso (Palestina, Chiapas, Sáhara...) abrimos esta ventá na rede como medio de difusión, de comunicación e de encontro virtuais do colectivo con todas as persoas interesadas en achegarse a el. Con este proxecto, chamado pallasosenrebeldia.org, pretendemos impulsar pola rede a mensaxe comprometida de loita pola xustiza e a rebeldía en unión con proxectos de fraternidade humanitaria, a través da cultura, da risa e dos narices colorados.
|