Paxinas Amigas
inicio
Galego
Castellano
 
novas

Éxito sen precedentes do festival Risactiva

Os Sete Magníficos máis Un e Pallasos en Rebeldía regresan á casa logo de teren participado no primeiro festival Risactiva de Lanzarote a pasada fin de semana. O éxito de asistencia aos espectáculos, tamén aos cursos de formación e a case perfecta simbiose entre artistas e público marcaron o desenvolvmento da cita.

En canto o aforo, este superou sempre a metade do centro sociocultural La Tegala, que acolleu todos os espectáculos evento. Tanto a posta en escena dos Magníficos, con “A saúde é o primeiro”, coma Miguelillo e “Dous son compañía” con “O gordo e o calvo” foron igualmente exitosas para a poboación lanzaroteña.

A mesma sorte correron os cursos de formación, cunha ampla acollida dos mesmos por parte das e dos alumnos. No que respecta ao que impartiu Iván Prado, “Iniciación ao clown, a esencia” houbo que sobrepasar o nº máx de alumnos previsto e nos outros dous, un de risoterapia e outro de maixa houbo tamén moi boa convocatoria.

Pola súa banda, o alumnado subliñou a calidade da docencia e a novidade das técnicas impartidas. Respecto disto, cabe destacar tamén a ampla participación no maraclown –espazo reservado a que os e as participantes poidan pór en práctica o aprendido nos cursos-. Foron preto de 40 alumn@s os que se decidiron a actuar.

O público destacou a calidade dos shows, a novidade que supuña tanto a maxia como o clown como proposta conxunta na illa, así como a a perfecta conexión e comunión artistas – público. As e os asistentes ao festival cualificaron de “emocionante” a proxección do documental “Diario de guerra de un payaso” e valoraron moi positivamente toda a programación do Risactiva.

No que respecta á valoración que fan da súa participación no festival os os Magníficos, a resposta é unánime: -“excelente”-, afirman. Segundo din, foi moi boa a resposta do público nos espectáculos e destacan tamén o éxito de convocatoria dos mesmos.

Os organizadores, Pallasos en Rebeldía, queren resaltar o “éxito total da actividade máis ambiciosa realizada ata o momento” pola asociación galega “coa imprescindible axuda de Coperactiva”. Unha das partes fundamentais do festival constituíuna a solidariedade con Chiapas. A recadación total das inscricións para os cursos formativos e a entrada dos espectáculos, sobre 2.700 euros, destinarase a un proxecto solidario para co pobo chiapaneco.

 

 
 

contacto: 981 58 28 36 :: pallasosenrebeldia@republicaclown.org