Paxinas Amigas
inicio
Galego
Castellano
 
novas

O clown galego solidario volve a terras palestinas 7 anos despois

Do 21 abril ao 5 de maio o colectivo galego “Pallasos en Rebeldía” levará o espírito da risa e do clown a Palestina. Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda embárcanse nesta viaxe de fraternidade humana a través do riso tamén cun outro obxectivo e igualmente importante como é o de dar apoio ao pobo palestino e denunciar, mais unha vez, a continua e reiterada opresión que sofre por parte de Israel.

Os obxectivos desta caravana solidaria son os de impartir obradoiros de clown, risoterapia e, asimesmo, realizar diversas actuacións, ademais de capacitar a os integrantes do circo palestino en técnicas de clown e a traballadores e traballadoras sociais en técnicas de risoterapia.

Pallasos en Rebeldía achegará a risa solidaria a distintias zonas, entre elas Ramallah, Qalqiliya, zona vella de Xerusalén, Belén, Hebrón, Nablus, Jenin, Tulkarem e alguhas vilas e pobos, así como nos campos de refuxiados, en escolas, centros culturais, sociais e xuvenís, entre outras poboacións-eixo do conflito palestino-israelí.

No que respecta á composición da caracana, o colectivo galego de clown e solidariedade estará composto polos dous clowns mencionados anteriormente, ademais de por Laila Tillawi Quintela, que se encargará da tradución e Eduardo Segurado, que tomará imaxes e rexistrará o paso deste furacán riseiro por terras palestinas.

Se ben, os Pallasos en Rebeldía non van estar sós. Apoiando o traballo dos artistas galegos atoparanse, entre outros, o financiamento de Coperactiva Cultural desde Galiza e a Escola de Circo Palestino, os Comités de Traballo para a Saúde, Human Supporters e a Asociación Addameer (que significa literalmente "Conciencia" e traballa cos presidiarios e ex-presidiarios, especialmente mulleres, nenos e fillos de presidiarios) en Palestina.

Con esta caravana da risa solidaria, Iván Prado ve asi cumprido un dos seus proxectos máis ambiciosos a nivel persoal, o de poder volver levar o seu traballo a unha terra que tanto demanda xustiza e humanidade.

Iván prado en Palestina 7 anos despois

O director do Festival Internacional de Clown de Galicia, o Festiclown, Iván Prado volve a Palestina logo dunha primeira viaxe en 2002. Na altura colaborando con Pallasos sin fronteras, o actor e clown galego achegou ao pobo palestino as ferramentas da risa para as e os palestinos poderen afrontar dun xeito diferente a realidade do día a día. Como significativo da viaxe solidaria atópase o gran traballo realizado cos nenos e nenas refuxiados en campamentos.

A dita viaxe foi filmada e realizada posteriormente nun documental por Mikio Tsunekawa, titulado “Media Luna Roja, diario de guerra de un payaso”, un filme de produción catalá chilena e palestina e ten a risa como protagonista principal gravado principalmente en campamentos de verán organizados pola Media Lúa Vermella Palestina desde os campo de refuxiados da Al-Arub, no distrito de Hebrón, ata o outro extremo do territorio, entre outros lugares aos que levar risas e emocións.

 

 
 

contacto: 981 58 28 36 :: pallasosenrebeldia@republicaclown.org